miniatura|200px|dereita|Este espertador semella ter unha cara triste. miniatura|250px|dereita|As sombras desta montaña en Marte fana parecer un rostro humano. A pareidolia (derivada etimoloxicamente do grego eidolon: «figura» ou «imaxe» e o prefixo par: «con» ou «adxunto») é un fenómeno psicolóxico consistente en que un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibida erroneamente como unha forma recoñecible. Unha explicación deste fenómeno de acordo co funcionamento do cerebro, é descrita por Jeff Hawkins na súa teoría de memoria-predición (memory-prediction framework). Descrición O carácter aparentemente sagrado de determinados lugares arqueolóxicos, podería ser explicado en parte, con: O fenómeno psicolóxico coñecido como hierofanía, xeralmente asociado as experiencias relixiosas. O fenómeno psicolóxico coñecido como pareidolia - perceptivo, non necesariamente patolóxico – utilizado na exploración psicolóxica (test de Rorschach).

Casos coñecidos Algúns exemplos comúns da pareidolia son: Visión de animais ou rostros na forma das nubes Visión de rostros nos cumes dalgúns outeiros pedregosos Visión de caras na parte dianteira ou posterior dun vehículo (os faros representarían os ollos, a grella a boca e o parabrisas a fronte ou cabeza) Imaxes de rostros en aparellos (na imaxe), edificios etc Visión de persoas ou siluetas no pavimento. Audición de mensaxes recoñecibles en rexistros en idiomas descoñecidos ou reproducidas ao revés. Observacións de ovnis, críptidos, pantasmas ou outros fenómenos paranormais. Numerosas figuras relixiosas ou simplemente humanas, en obxectos astronómicos como a Lúa, a Nebulosa da Aguia. Imaxes relixiosas en obxectos cotiáns (árbores, pedras etc.).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ilusión óptica.

Ligazóns externas Las suposiciones condicionan nuestra percepción visual . Cuando el cerebro nos engaña .

Categoría:Ilusións ópticas