A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.
Das confederacións, de longo é a máis forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.
A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.
Federacións nacionais asociadas 53 asociacións nacionais de fútbol pertencen á UEFA, representando a todos os estados independentes dentro do continente europeo, fóra de Mónaco e Cidade do Vaticano, máis tres estados do Cáucaso (Armenia, Azerbaidján e Xeorxia), Israel, Kazakhstán, Chipre e Turquía. É importante mencionar que os catro países constituíntes do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) participan de forma separada (esta excepcionalidade só se dá en fútbol e rugby), e que o arquipélago autónomo de Illas Feroe compite de xeito independente a Dinamarca.
País Federación Ingreso Seleccións Azərbaycan Fútbol Federasiyaları Assosiasiyası (AFFA) 1994 masculina Federata Shqiptare e Futbollit (FSHF) 1954 masculina Deutscher Fußball-Bund (DFB) 1954 masculinafeminina Federació Andorrana de Fútbol (FAF) 1996 masculina Federación de Fútbol de Armenia 1992 masculina Österreichischer Fußballbund (ÖFB) 1954 masculina Koninklijke Belgische Voetbalbond (KBVB) /Union Royale Belge des Sociétés de Football Association (URBSFA) 1954 masculina Beloroesskaja Federatsija Foetbola (BFF) 1993 masculina Nogometni/Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine (NS/FS BIH) 1998 masculina Bulgarski Futbolen Sojus 1954 masculina Foetbol'nogo Sojoeza Kazachstana (FSK) 2002 masculina Cyprus Football Association (CFA) 1962 masculina Hrvatski nogometni savez (HNS) 1993 masculina Dansk Boldspil-Union 1954 masculinafeminina Scottish Football Association (SFA) 1954 masculina Slovenský futbalový zväz (SFZ) 1993 masculina Nogometna zveza Slovenije (NZS) 1994 masculina Real Federación Española de Fútbol (RFEF) 1954 masculinafeminina Eesti Jalgpalli Liit 1992 masculina Suomen Palloliitto 1954 masculina Fédération Française de Footbal (FFF) 1954 masculinafeminina Football Association of Wales (FAW) 1954 masculina Ellinikí Podosferikí Omospondia (EPO) 1954 masculina Magyar Labdarúgó Szövetség (MLSZ) 1954 masculina Fótbóltssamband Føroya (FSF) 1990 masculina The Football Association (FA) 1954 masculinafeminina Football Association of Ireland (FAI) 1954 masculina Irlanda do Norte Irish Football Association (IFA) 1954 masculina Knattspyrnusambands Íslands (KSI) 1954 masculina HaHitakhdut leKaduregel beYisrael (IFA) 1994 masculina Federazione Italiana Giuoco Calcio (FIGC) 1954 masculinafeminina Latvijas Futbola Federācija (LFF) 1992 masculina Liechtensteiner Fußballverband (LFV) 1974 masculina Lietuvos Futbolo Federacija (LFF) 1992 masculina Luxemburger Fußballverband (FLF) 1954 masculina Fudbalska Federacija na Makedonija (FFM) 1994 masculina Malta Football Association (MFA) 1960 masculina Federaţia Moldovenească de Fotbal (FMF) 1993 masculina Fudbalski Savez Crne Gore (FSCG) 2007 masculina Norges Fotballforbund (NFF) 1954 masculinafeminina Koninklijke Nederlandse Voetbal Bond (KNVB) 1954 masculina Polski Związek Piłki Nożnej (PZPN) 1955 masculina Federação Portuguesa de Futebol (FPF) 1954 masculina Českomoravský Fotbalový Svaz (ČMFS) 1954A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol de Checoslovaquia. masculina Federaţia Română de Fotbal (FRF) 1954 masculina Rossijski Futbolni Sojus (RFS) 1954A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol da Unión Soviética. masculinafeminina Federazione Sammarinese Giuoco Calcio (FSGC) 1988 masculina Fudbalski Savez Srbije (FSS) 1954A UEFA recoñécea como continuadora da Federación de Fútbol de Iugoslavia e da Federación de Fútbol de Serbia e Montenegro. masculina Svenska Fotbollförbundet (SFF) 1954 masculina Schweizerischer Fussballverband (SFV) /Association Suisse de Football (ASF) /Associazione Svizzera di Football (ASF) 1954 masculina Türkiye Fútbol Federasyonu (TFF) 1962 masculina Federazija Futbolu Ukrajiny (FFU) 1992 masculina Georgian Football Association (GFF) 1992 masculina Gibraltar Football Association (GFA) 2013 masculina
Presidentes Ebbe Schwartz (1954-1962) Gustav Wiederkehr (1962-1972) Artemio Franchi (1972-1983) Jacques Georges (1983-1990) Lennart Johansson (1990-2007) Michel Platini (2007-2015)
Competicións organizadas pola UEFA Torneos de seleccións Torneos masculinos Clasificación de UEFA para a Copa Mundial de Fútbol Eurocopa: torneo iniciado en 1958, coas primeiras finais en 1960, e coñecido como a Copa Europea de Nacións ata 1964, é o principal torneo para equipos masculinos nacionais. A UEFA tamén organiza as edicións deste mesmo torneo en categoría Sub-21, Sub-19 e Sub-17. Meridian Cup coa CAF para equipos novos de Europa e África. Copa das Rexións da UEFA, para seleccións de xogadores non profesionais. Copa da UEFA Amateur, disputada entre 1967 e 1978 para as seleccións de afeccionados. Campionato Futsal UEFA: campionato europeo de seleccións de fútbol sala.
Torneos femininos Eurocopa Feminina Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA Campionato Europeo Feminino Sub-17 da UEFA
Torneos de clubs Liga de Campións da UEFA (UEFA Champions League): competición disputada por primeira vez en 1955 co nome de «Copa Europea de Clubs Campións» (European Champions Clubs' Cup) ata 1991. Liga Europa da UEFA (UEFA Europa League): competición instituída pola UEFA en 1971 coa denominación de «Copa da UEFA» (UEFA Cup) como a sucesora da Copa de Feiras, competición non afiliada á confederación europea e, por iso, non considerada entre as competicións da UEFA. Recopa da UEFA (1961-1999): tamén coñecida como «Copa Europea de Clubs Gañadores de Copas» (UEFA Cup Winners' Cup), foi unha competición reservada para clubs campións dos torneos nacionais de copa. Copa Intertoto da UEFA (1995-2008): competición instituída pola UEFA en 1995 como a sucesora da Copa Karl Rappan, competición non afiliada á confederación europea. Supercopa da UEFA: competición instituída en 1973 entre o gañador da Liga de Campións e o da Recopa da UEFA (desde 1999 foi substituído polo gañador da UEFA Europa League) Copa Intercontinental (1960-2004): coñecida tamén como «Copa Europeo-Suramericana» (European-South American Cup) ou, desde 1980, como «Copa Toyota», foi organizada conxuntamente entre a Unión Europea de Asociacións de Fútbol e a Confederación Suramericana de Fútbol e reservada para o gañador da Copa Europea de Clubs Campións-UEFA Champions League e o da Copa Libertadores de América. Devandito torneo é considerado o precursor do Campionato Mundial de Clubs da FIFA.
Outros torneos Copa da UEFA Feminina, para clubs de fútbol feminino. UEFA Futsal Cup: campionato europeo de clubs de fútbol sala.
Clasificación mundial da FIFA (Top 5) Clasificación masculina A Clasificación mundial da FIFA do 9 de marzo do 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos:
Posto FIFA País Puntos Cambio 1º España 1880 20px (Igual) 2º Países Baixos 1730 20px (Igual) 3º Alemaña 1486 20px (Igual) 6º Inglaterra 1212 20px (Igual) 8º Croacia 1071 20px (Subiu 1 posto)
Clasificación feminina A Clasificación mundial da FIFA do 18 de marzo de 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos: Posto FIFA País Cambio 2º Alemaña 20px (Igual) 5º Suecia 20px (Baixou 1 posto) 7º Francia 20px (Subiu 1 posto) 9º Noruega 20px (Baixou 2 postos) 10º Inglaterra 20px (Igual)
Véxase tamén Ligazóns externas UEFA RANKING AND COEFFICIENTS Páxina oficial da UEFA
Categoría:Confederacións da FIFA