A Empresa Brasil de Comunicação (EBC) é unha empresa pública federal do Brasil con sede en Brasilia creada o 25 de outubro de 2007 que ten como finalidade a finalidade a prestación dos servizos de radiodifusión pública e outros servizos relacionados.

Orixe Xurdiu da unión da empresa pública de comunicacións Empresa Brasileira de Comunicação - Radiobrás coa Associação de Comunicação Educativa Roquette Pinto. Aínda que vencellada á Secretaría de Comunicación Social da Presidencia da República ten autonomía para definir a produción, programación e distribución de contidos no sistema público de radiodifusión. Cadeas Televisión TV Brasil NBR, canle parlamentaria TV Brasil Internacional, canle internacional en portugués inaugurada o 24 de maio de 2010, polo de agora só transmite para África por compañías de cable. TV Brasil - Canal Integración, canle internacional que emite para a América de lingua española Radio Rádio Nacional Rádio Nacional Rio de Janeiro Rádio Nacional Brasília Rádio Nacional FM Brasília Rádio Nacional da Amazônia Rádio Nacional do Alto Solimões Rádio MEC, emisora educativa Axencia de Noticias Agência Brasil Radioagência Nacional Véxase tamén Outros artigos Rede Globo Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Cadeas de televisión do Brasil Categoría:Emisoras de radio