Geoffrey Wilkinson, nado o 14 de xullo de 1921 en Todmorden, Inglaterra e finado o 26 de setembro de 1996 en Londres, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1973.
Biografía Estudou química na Universidade de Londres, onde se graduou en 1941, e onde en 1955 foi nomeado profesor de química inorgánica.
En 1976 foille concedida a distinción de sir por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas En 1942 o profesor Friedriech A. Paneth recrutaba químicos mozos para o proxecto da enerxía nuclear. Wilkinson entrou na selección e foi enviado ao Canadá, onde permaneceu nos Laboratorios de Chalk River en Montreal ata 1946.
Posteriormente traballou xunto a Glenn Theodore Seaborg na Universidade de Berkeley en California, realizando estudos de taxonomía nuclear, e despois foi nomeado profesor asociado no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) onde iniciou a súa investigación sobre os compostos organometálicos dos metais de transición como o monóxido de carbono e os alquenos. Mediante a utilización de espectros de difracción de raios X conseguiu atopar a constitución destes compostos, demostrando como estes contiñan un átomo de ferro encerrado entre dous aneis de ciclopentadieno paralelos, hoxe en día chamados ferroceno.
Durante a súa curta estancia na Universidade Harvard realizou investigacións sobre as funcións da excitación dos protones no cobalto.
O 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico alemán Ernst Otto Fischer, polos seus traballos sobre compostos organometálicos.
Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1973 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1973 Geoffrey Wilkinson en Biografías y Vidas
Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en Yorkshire Occidental Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Londres