Algar (con anterioridade a 1842 Santa María de Guadalupe del Algar) é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 1.564 habitantes. A súa extensión superficial é de 27 km² e atópase situada a 87 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Forma parte da Ruta dos pobos brancos, xunto ao río Majaceite, e está moi próximo ao pantano dos Furóns (principal fonte de auga de Cádiz).

A orixe da poboación é de 1773. Creouna o rico comerciante Domingo López de Carvajal, tras comprar unhas devesas en 1757 e posteriormente poboalas con colonos. O seu trazado urbano é racionalista, con rúas paralelas e praza central.

Actualmente Algar vive da agricultura, a gandaría, o traballo da pel, a madeira e o turismo rural. Demografía Evolución da poboación desde 1900.

Véxase tamén Ligazóns externas

Algar - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía

Categoría:Concellos da provincia de Cádiz