Benaocaz é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2005 tiña 745 habitantes. A súa extensión superficial é de 70 km² e encóntrase a 120 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Localízase na Serra do Endrinal, ao sur do río Tavizna, e forma parte da Ruta dos Pobos Brancos. Practicamente a totalidade do seu termo atópase no Parque Natural da Serra de Grazalema.
Historia
Existen vestixios de presenza humana desde a prehistoria, e logo presenza ibérica e romana. Desa época é a calzada que comunica Benaocaz con Ubrique, das poucas que se conservan na zona.
Como aldea fundárona os árabes no ano 715 e foi tomada polos cristiáns en 1485 por Rodrigo Ponce de León, que tamén conquistou Archite, Ubrique, Grazalema e Villaluenga del Rosario e os dous castelos de Aznalmara (Tavizna) e Fátima ou Cardela. Todas estas vilas e castelos eran xa coñecidos antes da súa conquista cristiá pol"As Sete Vilas", pasándose a chamar "Señorío das sete Vilas". En 1490 pasou a ser propiedade do nobre Rodrigo Ponce de León dentro do señorío de Villaluenga que lle outorgaron os Reis Católicos.
Conserva os restos do barrio nazarí co seu antigo empedrado e foi declarado conxunto histórico.
miniatura|240px|Vista de Benaocaz.
Demografía
miniatura|Vista de Ubrique desde Benaocaz.
Evolución da poboación desde 1900.
Véxase tamén Ligazóns externas
Benaocaz - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
Categoría:Concellos da provincia de Cádiz