Amirani é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio de vangarda da lúa e as súas coordenadas na superficie da mesma son 24,46° N 114,68° O.
Características Amirani ten unha forma de semicírculo, cun cumio volcánico duns 37 km, o cal está conectado a través dun estreito canal cuns campos de lava de máis de 330 km de longo. A metade sur dos chans de lava de Amirani están rodeados dun deposito circular e difuso de brillante dióxido de sulfuro, creado pola columna rica en sulfuro do propio volcán. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo do ano 1979. Nese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional daríalle oficialmente o nome de Amirani, deus do lume na mitoloxía xeorxiana.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patera Vulcanismo en Ío
Categoría:Ío Categoría:Volcáns extraterrestres