Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael), tamén coñecido como San Miguel o Arcanxo, Arcanxo Miguel ou como San Miguel o Taxiarca,Na igrexa ortodoxa. é un arcanxo na relixión cristiá, xudía e islámica. As mencións máis antigas que se conservan do seu nome atópanse en obras xudías dos séculos III e II a. C., moitas veces pero non sempre apocalípticas, onde é o xefe dos anxos e arcanxos, e é o príncipe gardián de Israel e é responsable do coidado do pobo de Israel. O cristianismo conservou case todas as tradicións xudías relativas a el, e menciónase explicitamente en Apocalipse 12:7-12, onde loita con Satanás, e na Epístola de Xudas, onde o autor denuncia certas "persoas impías" contrastándoas con Miguel. miniatura|O arcanxo Miguel na igrexa de Santa María do Azougue, Betanzos.
Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael. Supostamente tocará a trompeta o día do arrebatamento (1° Tesalonicenses 4, 16), e é o encargado de frustrar a Lucifer ou Satanás, inimigo principal de Miguel por ser o arcanxo dos anxos caídos ou do mal (Apocalipse 12:7). Por iso, na arte represéntase coma un anxo con armadura de xeneral romano, ameazando cunha lanza ou espada a un demo ou dragón. Tamén adoita ser representado pesando as almas na balanza, pois segundo a tradición, el tomaría parte no Xuízo Final, imaxe inspirada no Xuízo de Anubis do Antigo Exipto e recibe o nome de psicostasia.O temible xuízo da balanza . Notas
Véxase tamén Outros artigos Miguel (nome de varón) Arcanxo Gabriel Arcanxo Uriel Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel
Miguel Categoría:Personaxes bíblicos Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia