Tras do Sisto é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. O Instituto Galego de Estatística non achega datos de poboación para a localidade.
Situación Situado a carón da PO-205, este lugar é un dos máis novos da parroquia. Está situado no centro da parroquia e nel atópase o campo da festa, onde se celebra a Festa do chourizo, e o cruceiro. Próximos a este lugar atópanse a igrexa parroquial e o cemiterio.
Lugares e parroquias Lugares de Ponte
Parroquias de Silleda
Notas
Categoría:Lugares de Silleda