CNN+ foi unha canle temática española de televisión que emitía 24 horas de información nada o 27 de xaneiro de 1999; o 28 de decembro de 2010 finalizou as súas emisións para dar paso á canle Gran Hermano 24 horas.

Características Estaba producida pola Compañía Independiente de Noticias de Televisión, empresa participada nun 50% pola compañía española Sogecable e noutro 50% pola compañía estadounidense Turner Broadcasting-Grup Time Warner (propietaria da cadea de información continua CNN). O slogan da canle era: Está pasando, lo estás viendo.

Emitía a nivel nacional a través da plataforma de televisión vía satélite de pago Digital+, e tamén gratuitamente a través da Televisión Dixital Terrestre nun dos dous multiplexores de Gestevisión Telecinco e, para o resto do mundo, vía Internet.

O 10 de decembro de 2010 confirmouse que o grupo PRISA pecharía a cadea, derivado da fusión entre Cuatro e Telecinco, e trasladando a todos os seus traballadores á axencia Atlas, propiedade de Telecinco.

Véxase tamén Ligazóns externas Web que CNN+ compartía con Noticias Cuatro

Categoría:Cadeas de televisión desaparecidas de España Categoría:PRISA Categoría:CNN