Tobago é a segunda maior illa autónoma dentro da nación de Trinidad e Tobago, e está situada a nordés da illa principal, Trindade e o sueste de Granada, entre o mar Caribe e mailo océano Atlántico. A illa atópase fóra do cinto de furacáns. Segundo a fonte máis antiga da lingua inglesa citada no Oxford English Dictionary, Tobago debe o seu nome a palabra inglesa tobacco. O ave nacional de Tobago é o Cocrico.
Poboación
A poboación era de 60.874 habitantes no censo de 2011. A capital, Scarborough, ten unha poboación de ao redor de 25.550 habitantes. Mentres que Trinidad é multiétnica, a poboación de Tobago é principalmente de orixe africana, aínda que cunha proporción cada vez maior dos trinitarios das Indias Orientais e europeos. Entre 2000 e 2011, a poboación de Tobago creceu un 12´55 por cento, polo que é unha das zonas de maior crecemento de Trinidad e Tobago.
Historia
miniatura|left|O Gran Monumento da Baía de Curlandia en Tobago conmemora a colonización curlandesa de América miniatura|right|Ataque francés na illa británica de Tobago en 1781 con texto. pintura francesa de 1784.
Cristovo Colón avisto Tobago por primeira vez en 1498. Posteriormente, varias potencias loitaron pola posesión da illa.
Os indios caribe a poboación orixinal tivo que defender a illa contra outras tribos amerindias. A continuación, durante finais de 1500 e principios de 1600, os nativos defenderonse dos colonos europeos por exemplo en 1654 dos curlandeses, que colonizaron a illa de forma intermitente entre 1637 e 1690. a través dos anos, os holandeses, ingleses, españois, suecos, curlandeses (Ducado de Curlandia) e os franceses transformaron Tobago nunha zona de batalla e a illa cambiou de mans 33 veces, a maior cantidade na historia do Caribe, e, a miúdo de nome, antes do Tratado de París que a cedeu aos británicos en 1814.
Desde aproximadamente 1672, durante un período de dominio temporal británico de 1672 a 1674, comezou a cultura da Plantación, levantáronse fábricas de azucre, de algodón e índigo e trouxéronse africanos para traballar como escravos. A economía floreceu. Francia abandonou a illa a Gran Bretaña en 1763, e Tobago en 1777 exportaba grandes cantidades de ron, algodón, añil e azucre. Pero en 1781 os franceses volveron invadila, destruíron as plantacións, e obrigou ao gobernador británico a renderse e a boiante economía da illa entrou en decadencia.
En 1814, cando a illa volveu estar baixo control británico, comezou outra fase de éxito da produción de azucre. Con todo, un forte furacán en 1847, combinado co colapso das aseguradoras das plantacións, marcaron o fin do comercio de azucre. Sen a altamente rendible produción de azucre, Gran Bretaña non tiña ningún uso para Tobago, e en 1889 a illa converteuse nunha dependenza de Trinidad. Sen azucre, os insulares tiveron que cultivar outros produtos, sementaron acres de limóns, cocos e cacao e a exportaron os seus produtos a Trinidad. En 1963 o ciclón Flora devastou Tobago, destruíu vilas e cultivos. Fíxose un programa de reestruturación e fixéronse intentos para diversificar a economía. E comezou o desenvolvemento dunha industria turística.
Xeografía miniatura|Baía Castara Tobago ten unha superficie de 300 km² e tn aproximadamente 40 km de largo e 10 km de longo. Atópase situado a unha latitude de 11° 15' N, lonxitude longitude 60° 40' W, un pouco ao norte de Trinidad.
Tobago é principalmente montañoso, montañosa e de orixe volcánica o suroeste da illa é plana cunha liña de coral de pedra calcaria. A columna vertebral montañosa da illa chámase Main Ridge (crista principal). O punto máis alto en Tobago é o Pigeon Peak (pico da pomba) de 550 metros preto de Speyside.
Clima O clima é tropical, e a illa atópase ao sur do cinto de furacáns do Atlántico. A precipitación media varía entre 3800 mm na crista principal e menos de 1250 mm no suroeste. Hai dúas estacións: unha estación chuviosa entre xullo e novembro, e unha estación seca entre decembro e xuño.
dereita|350px|Castara, Tobago
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Trinidad e Tobago
Ligazóns externas
Categoría:Antillas Menores Categoría:Illas do Caribe Categoría:Illas de Trinidad e Tobago