Francisco Zagala Pérez, nado en Verín en 1842 e finado en 1908, foi un fotógrafo madrileño que pasou toda a súa carreira en Galicia.

Traxectoria miniatura|300px|Visita da Infanta Isabel ás Ruínas de San Domingos, en 1906, foto de Zagala. Adquiriu a súa formación fotográfica en Madrid, pero arredor de 1880 estableceuse nun estudio fotográfico en Pontevedra. Foi un dos primeiros fotógrafos españois, que substituíron os estranxeiros establecidos a mediados do século XIX.

A súa actividade fotográfica coñecida ocorre en Galicia, máis concretamente en Pontevedra, onde tiña o estudio para facer retratos. Con todo, dedicouse tamén a facer fotografía ao aire libre e reproducións de arte, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Grazas á doazón de fondos para o Museo Provincial de Pontevedra pode ter moitas imaxes etnográficas da vida en Pontevedra entre os séculos XIX e XX atopadas no arquivo chamado Zagala.

En 1884 pasou a traballar coa revista La Ilustración Española y Americana para fornecer fotografías de Pontevedra. Cando Pedro Ferrer en 1904 publicou a colección de fotografías titulada Portfolio de Galicia, coa colaboración de moitos fotógrafos tamén foi responsábel de achegar as imaxes de Pontevedra.

O seu traballo foi exposto varias veces para amosar o seu valor documental, quizais o máis importante foi a presentación do Museo de Pontevedra, na súa honra en 1994, pero tamén mostras colectivas como a realizada en Vigo en 2010

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos José Sellier Bibliografía Pérez Valle, X. C. (dir. e coord.): F. Zagala. Fotógrafo. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1994. Ligazóns externas Museo de Pontevedra

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos