Celso Currás Fernández, nado en Trabada o 17 de xullo de 1953, é un político galego.

Traxectoria Fillo de Celso Currás López. É doutor en Ciencias da Educación e diplomado en Psicoloxía e Maxisterio. Foi Director Xeral de Formación e Emprego da Consellería de Familia e deputado do Parlamento de Galicia. O 28 de maio de 1996 o presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne nomeouno Conselleiro de Educación, en substitución de Juan Piñeiro Permuy. Permaneceu nese cargo durante varias lexislaturas até a perda da maioría absoluta do PPdG nas eleccións autonómicas de 2005.

Xestión como conselleiro Impulsou a Oferta Inicial de Ensinanzas postobrigatorias nos Centros de Ensino Público de Galicia, a figura do Centro público integrado, como resposta á dispersión e caída da poboación no espazo rural galego, e as denominadas axudas á escolarización. Apoiou a educación musical mediante proxectos de novos conservatorios e axudas e subvencións aos centros de música. Abriu varios Centros de Formación e Recursos para o profesorado. Puxo en marcha o Sistema de Información da Educación Galega e o Museo Pedagóxico de Galicia. No eido universitario deseñou un Programa de Financiamento e creou a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Así mesmo, estableceu un Plan de promoción e estabilidade do profesoradoGalicia 2003, Xunta de Galicia, pp. 218 a 250 ISBN 84-453-3459-X.

No ano 2004 o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, encárgalle a sinatura do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, negociado con múltiples sectores e que acadou a unanimidade de todas as forzas parlamentarias.

Notas

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Trabada Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia