O tubérculo de Darwin é un engrosamento cartilaxinoso do bordo da orellaDescrición do tubérculo de Darwin , presente en moitos seres humanos, interpretado coma un vestixio da punta da orella común en mamíferos. Trátase dun órgano vestixial, é dicir, un órgano cuxa función orixinal se perdeu durante a evolución. Está presente en arredor dun 10.4% da poboación mundial."An anthropometric study of the ear in an adult population", International Journal of Anthropology, Issue Volume 1, Number 2 / June, 1986 ISSN 0393-9383
Recibe o seu nome en honor a Charles Darwin, que o describiu no seu libro The Descent of Man como exemplo de característica vestixial que indicaba que o home tiña un antepasado común con outros primates, aínda que non foi Darwin quen lle chamou tubérculo de Darwin.
O xene que orixina o tubérculo de Darwin no home hérdase como un carácter autosómico dominante pero ten unha penetrancia xenética incompleta, o que significa que as persoas que posúen o xene non necesariamente presentarán o fenotipo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estrutura vestixial
Bibliografía
Ligazóns externas Vestigial organs: Remnants of evolution
Categoría:Anatomía animal Categoría:Oído