Claudio Marcelo Morel Rodríguez, nado en Asunción o 2 de febreiro de 1978, é un futbolista paraguaio. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o 12 de Octubre FC.

Traxectoria É fillo do exfutbolista Eugenio Morel, afamado xogador da selección de fútbol de Paraguai dos anos '70 e '80. Desde o ano 2004 e até 2010 foi xogador de Boca Juniors, equipo co que gañou dúas Copas Suramericanas, tres Recopas Suramericanas, tres campionatos arxentinos e unha Copa Libertadores de América, nalgúns deles como suplente cando aínda non levaba un tempo considerable no club.

Trátase dun xogador zurdo que pode xogar tanto na posición de segundo zagueiro central, como de lateral pola esquerda, de centrocampista central ou carrileiro pola esquerda. Anteriormente estivo no San Lorenzo, equipo co que gañou unha Copa Mercosur, unha Copa Suramericana e un Torneo Clausura.

O 21 de agosto de 2010 firmou por dúas tempadas co Deportivo da Coruña.Es Oficial, el Deportivo cierra el fichaje de Morel Rodríguez

Palmarés Boca Juniors Primeira División: Apertura 2005, Clausura 2006, Apertura 2008 Copa Suramericana: 2004, 2005 Recopa Suramericana: 2005, 2006, 2008 Copa Libertadores: 2007

Deportivo Segunda División: 2011–12

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Paraguai