O CAU Valencia é unha sociedade deportiva de afeccionados ao rugby da cidade de Valencia. Na tempada 2009-10, dispuña aproximadamente de 250 licenzas de xogadores, dende a categoría sénior ata a prebenxamín, sendo o club con maior número de licenzas da Comunidade Valenciana. Actualmente compite na División de Honra B.
Historia O CAU Valencia fundouse en 1973 co impulso de Luis Sebastián Caballero no seo da Universidade de Valencia, nun principio estivo presente unicamente no ámbito deportivo universitario. Posteriormente pasou a xogar en competicións federadas provinciais e rexionais, mais con grande importancia no ambiente universitario.
1986 foi un ano decisivo para a historia do club, xa que foi daquela cando comezou a xestarse a estrutura actual da entidade, cando se dou o grande salto cara á labor da promoción do rugby na infancia e a loita polo desenvolvemento de xogadores de nivel na canteira.
Na tempada 1996-97, o club valenciano consegue ascender á Primeira Nacional. Dous anos despois conseguiu o ascenso á División de Honra B. Na tempada 2001-02 o CAU ascende á División de Honra, logrando a permanencia durante dous anos. Dende aquela competiu na División de Honara B, ata a tempada 2009-10, tempada na cal logrou ascender novamente á máxima categoría do rugby español logo de vencer ao Hernani RT en Hernani (Euskadi).
A tempada 2010-11 do equipo en División de Honra rematou con só 1 vitoria e 17 derrotas, acadando a última posición na clasificación final da liga, e co cal o club participou en División de Honra B na tempada 2011-12.
Palmarés Posicións do CAU Valencia en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría201211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675Div.Honra 10 97 Div.HonraB 5 27535410 165 1ªNacional 1 54 88 Copa
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
Tempada actual
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas Site oficial do CAU Valencia
Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Valencia