Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de setembro de 1904 e finado o 9 de xullo de 1934, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos de idade.

Obras miniatura|Placa polo centenario. O Kalivera 30 H. P. (Lar, 1926). O filósofo de Tamarica (Lar, 1926).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Seminario de Estudos Galegos Ligazóns externas 110º aniversario do nacemento e 80º aniversario do falecemento 149 imaxes, documentos e recortes de prensa. IES Xulián Magariños.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos