Francisco Andrés Veiga Soto, nado en Marín o 30 de xaneiro de 1974, é un político galego.

Traxectoria Foi deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados de 2004 a 2008 e foi alcalde de Marín dende o ano 2007 ata o 2011.

É licenciado en Ciencias Políticas e dentro do PSdeG-PSOE é secretario xeral do partido na comarca do Morrazo e secretario de organización na agrupación local de Marín.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Marín Ligazóns externas Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Marín Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Nados en 1974