Barouta é un lugar da parroquia de Ames no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 51 habitantes (27 homes e 24 mulleres).

Toponimia

O topónimo Barouta podería ter a súa orixe na forma . Patrimonio

A ermida de Santo Amaro menciónase na visita pastoral de 1598. Ten planta de salón coa nave dividida en tres tramos, cuberta con bóveda de canón. Na capela maior hai un retablo do século XIX. Ao seu carón hai dúas fontes e un cruceiro de capela. A romaría que se celebra na ermida documéntase en 1651 e cítase en dúas cantigas; unha delas aparece na obra Parnaso Português Moderno de Teófilo Braga (1877): "Se fores a san Amaro / san Amaro de Barouta, / se fores a san Amaro / bailarás con pouca roupa", e a outra aparece na Colección de Cantigas da Mahía de Lois Tobío Campos (1880): "San Amaro de Barouta, / veño dunha romaría / e mañán vou para outra."

En 1936 a Sociedade Proescuelas Residentes de Ames en Buenos Aires financiou a construción dunha escola na aldea.

Lugares e parroquias Lugares de Ames

Parroquias de Ames

Notas

Categoría:Lugares de Ames