iPhone é unha liña de teléfonos intelixentes deseñados e comercializados por Apple Inc. Funcionan baixo o sistema operativo móbil iOS. A primeira xeración do iPhone foi lanzada o 29 de xuño de 2007, os modelos máis recentes son o iPhone 16 e o iPhone 16 Pro lanzados ao mercado o 20 de setembro de 2024.
Historia esquerda|202x202px|miniatura|Vista posterior do primeiro iPhone. Apple anunciou a primeira xeración de iPhone no 2007, tras varios rumores e especulacións que circulaban desde varios meses atrás. O iPhone introduciuse inicialmente nos Estados Unidos o 29 de xuño de 2007 e foi nomeado o Invento do Ano pola revista Time no ano 2009.
O día 11 de xullo de 2008 saíu a venda o iPhone 3G, estando dispoñible en 22 países. Esta versión do teléfono soportaba a transmisión de datos por 3G a unha velocidade máis rápida e tecnoloxía AGPS.
Para o evento WWDC'09 presentouse o iPhone 3GS (S de Speed), presentando o mesmo deseño có 3G, máis completamente renovado no seu interior. O iPhone 3GS é ata dúas veces máis rápido có seu predecesor cargando páxinas web ou executando aplicacións, ofrecendo mellores gráficos 3D e cunha cámara de 3 megapíxeles.miniatura|Mapa xeográfico de venda do iPhoneminiatura|Vendas do iPhone. Q1 representa a tempada do nadal. O día 7 de xuño de 2010 presentouse na WWDC'10 o iPhone 4, cun deseño totalmente renovado tanto no hardware como esteticamente. Contén o procesador Apple A4 que é o mesmo que ten o iPad, 512 MB de memoria RAM, Retina Display, dúas cámaras unha delas con opción de gravar en 720p HD.
Características xerais Inclúe conexión a Internet, pantalla táctil de tecnoloxía multitáctil e unha interface de hadware minimalista. Posto que carece dun teclado físico, contén un virtual na súa pantalla multitáctil tanto en vertical como horizontal.
O iPhone permite a chamada en espera, conferencia entre 3, identificación de chamada, e a integración con outras funcións do iPhone. Non soporta marcación por voz (iPhone, iPhone 3G) nin videochamada (iPhone, iPhone 3G, iPhone 3GS, o único que soporta videochamada é o iPhone 4), a difereza da maior parte dos teléfonos cos que compite.
O iPhone inclúe unha característica visual para a caixa de correos de voz, que permite aos usuarios ver unha lista das mensaxes da caixa de correos, sen necesidade de chamar á caixa de correos de voz. A diferenza doutros sistemas, pode escoitar mensaxes e suprimilos cunha orde, escollendo calquera mensaxe dunha lista que aparece na pantalla. AT&T, O2, T-Mobile Germany, e Orange, modificaron a infraestrutura da caixa de correos de voz para acomodar este novo trazo deseñado por Apple. Arquivouse un preito contra Apple e AT&T por Tecnoloxías Klausner reclamando que a característica da caixa de correos de voz visual do iPhone infrinxe dúas patentes.
A característica dos tons musicais, foi presentada nos Estados Unidos o 5 de setembro de 2008. Os tons poden ser de 3 a 40 segundos e pode ser calquera parte dunha canción, poden facer unha pausa de medio segundo cada 5 segundos, e nunca terminar. Toda a personalización pode facerse mediante iTunes, e os sinais de chamada tamén poden ser usadas para alarmas do iPhone. Os sinais de chamada por encargo, poden ser creadas usando o software GarageBand de Apple 4.1.1 (dispoñible só para Mac OS X) e ferramentas que non sexan de Apple.
Aplicacións miniatura|Steve Jobs sostendo un iPhone 4. A versión branca do iPhone 4 sería lanzada en abril de 2011.
Existen varias aplicacións na pantalla principal do iPhone:
Mensaxes: Permite enviar SMS e mensaxes multimedia. Calendario: Un calendario para xestionar citas e datas especiais. Fotos: Para visualizar e xestionar fotografías. Cámara: Permite facer fotografías e vídeo e gardas no carrete. (A opción de vídeo só está dispoñible no iPhone 3GS e 4G). YouTube: Navegador e visualizador de vídeos de YouTube. Bolsa: Permite ver as últimas cotizacións en bolsa en directo (servizo proporcionado por Yahoo!). Mapas: Ferramenta para visualizar mapas e establecer rutas, utiliza a tecnoloxía de Google Maps incluído o servizo de Street View. Tempo: Permite visualizar en tempo real a temperatura das Cidades que desexes (servizo proporcionado por Yahoo!). Reloxo: Contén reloxo mundial, alarma, cronómetro e temporizador. Calculadora: Para realizar operacións con ela, se sitúas o iPhone horizontalmente, converterase nunha calculadora científica. Notas: Un bloc de notas, para tomar apuntamentos, pegar texto nel. Notas de Voz: Podes gravar notas de voz co micrófono que vén co iPhone de serie ou cos auriculares con mando e micrófono do iPod touch. Axustes: Podes visualizar o tempo de uso do teu dispositivo, conectarche a unha rede Wi-Fi, conectar un dispositivo de son por Bluetooth, preferencias das aplicacións, establecer un código para desbloquear, e demais axustes do teléfono. iTunes Store: Para comprar música, vídeos, descargar podcasts e visualizar contidos. App Store: Para comprar e descargar aplicacións para a túa iPhone. Compás: Aplicación que serve para guiarche e facer a función de compás. FaceTime: permite facer chamadas de vídeo entre varios dispositivos Apple.
Existen outras catro aplicacións, na parte inferior da pantalla, que son as principais do iPhone:
Teléfono: Para enviar e recibir chamadas. Mail: para xestionar correos electrónicos con Microsoft Exchange, MobileMe, Gmail, Yahoo! Mail e AOL. Safari: navegador de Internet de Apple con soporte de HTML 5. iPod: función equivalente a un reprodutor multimedia iPod.
Cámara miniatura|Fotografía de Estocolmo tomada cun iPhone X.Este iPhone contén unha cámara de 2.0 megapíxeles, que non posúe función macro ou flash. A calidade da cámara é moi criticada polos especialistas en fotografía, que consideran o modelo moi débil para os recursos que o teléfono ofrece. O usuario pode dar zoom só nas fotografías estirando os dedos con movemento de pinza do polgar e do indicador sobre a pantalla multi-touch. O software pode conectar co iPhoto, dispoñible en ordenadores Macintosh.
O modelo iPhone 3GS contén unha cámara de 3.1 megapíxeles, que non posúe función flash. O modelo posúe función macro, toque para foco e foco automático. Posúe zoom dixital de 5 veces. Grava vídeos en calidade VGA. Algunhas funcións descritas aquí só son posibles coa actualización do iPhone OS para iOS 4 a través do iTunes.
O modelo iPhone 4 contén unha cámara de 5 megapíxeles, que posúe función flash, macro, toque para foco, zoom dixital de 5 veces e gravación de vídeos en HD (720p). Posúe unha cámara frontal, da cal permite facer auto-retratos e posibilita a realización de vídeo chamadas a través do Face Time.
O iPhone X ten dúas cámaras traseiras de 12 megapíxeles e unha frontal de 7 mpx. coñecida como TrueDepth. Tamén ten flash de catro LEDs denominado True Tone.
Modelos miniatura|Comparación de tamaños do iPhone 8 co iPhone 8 Plus.miniatura|Comparación de tamaños do iPhone 5C, 5S e 4S. miniatura|Un iPhone sobre un Dock ModeloLanzamentoSistema operativoDataiPhoneiPhone OS 129 de xuño de 2007iPhone 3GiPhone OS 211 de xullo de 2008iPhone 3GSiPhone OS 319 de xuño de 2009iPhone 4iOS 424 de xuño de 2010iPhone 4SiOS 514 de outubro de 2011iPhone 5iOS 621 de setembro de 2012iPhone 5CiOS 720 de setembro de 2013iPhone 5SiOS 720 de setembro de 2013iPhone 6iOS 819 de setembro de 2014iPhone 6SiOS 925 de setembro de 2015iPhone SEiOS 9 .331 de marzo de 2016iPhone 7iOS 1016 de setembro de 2016iPhone 8iOS 1122 de setembro de 2017iPhone XiOS 11.0.13 de novembro de 2017iPhone XSiOS 1221 de setembro de 2018iPhone XRiOS 1226 de outubro de 2018iPhone 11iOS 1320 de setembro de 2019iPhone 11 ProiOS 1320 de setembro de 2019iPhone SEiOS 13 .424 de abril de 2020iPhone 12iOS 14 .123 de outubro de 2020iPhone 12 ProiOS 14 .123 de outubro de 2020iPhone 13iOS 1524 de setembro de 2021iPhone 13 ProiOS 1524 de setembro de 2021iPhone SEiOS 15.418 de marzo de 2022iPhone 14iOS 1616 de setembro de 2022iPhone 14 ProiOS 1616 de setembro de 2022iPhone 15iOS 1722 de setembro de 2023iPhone 15 ProiOS 1722 de setembro de 2023iPhone 16iOS 1820 de setembro de 2024iPhone 16 ProiOS 1820 de setembro de 2024
iPhone Primeiro iPhone, presentado no 2007, posúe pantalla multitáctil, altofalantes, cámara de 2.0 megapíxeles, jack para auriculares, conectividade EDGE e Wi-Fi. Pode recoñecerse pola súa banda traseira, que está dividida en 2, a parte superior é de cor aluminio, mentres que a inferior é negra.
iPhone 3G Fisicamente moi similar ao iPhone orixinal. Este modelo incorpora conectividade vía 3G, como o seu nome indica, A-GPS e unha nova carcasa enteiramente de plástico, ademais das características do primeiro iPhone.
iPhone 3GS Fisicamente igual ao iPhone 3G. O iPhone 3GS, obtén o seu nome da palabra inglesa speed (velocidade) , posto que é até dúas veces máis rápido que o iPhone 3G. Incorpora gravación de vídeo, compás e cámara de 3 megapíxeles con autofocus e balance de brancos, comandos de voz, ademais dunha maior duración da batería. Outras características novas, como a gravación de voz, copiar, pegar e cortar, entre outras, non son exclusivas do iPhone 3GS, senón do iPhone VOS 3.1, que tamén está dispoñible para os modelos anteriores. iPhone 4 Lanzado en Estados Unidos, Xapón, Reino Unido, Francia e Alemaña o 24 de xuño de 2010. De entrada a primeiro gran diferenza desta versión do teléfono é o seu deseño. Tanto a parte frontal como a traseira están feitas de vidro con silicato de aluminio ademais de posuír un marco de aceiro inoxidable o cal funciona tamén como antena. O iPhone 4 agora é máis delgado con 9.3 mm de espesor, sendo por agora, o máis delgado no mercado. A pantalla tamén presenta melloras. O seu tamaño é de 3.5 polgadas e con 960×460 píxeles. Denominado Display Retina, ten catro veces máis resolución que a do iPhone 3GS e con 326 píxeles por polgada, posúe un 78% dos píxeles do iPad. O iPhone 4 tiña dous cámaras, unha frontal para vídeo chamadas e outra traseira, cunha calidade 5 megapíxeles e flash fotográfico de LED. Agora é posible gravar vídeo en HD a 720p e a función de autofocus xa esta habilitada para vídeo. Como é de esperarse o iPhone 4 sairá de fabrica co novo sistema operativo, que foi renomeado a iOS4 (un nome máis coherente dado que o iPod Touch e o iPad fan uso del), e ademais das características que xa foran anunciadas do sistema operativo, a nova resolución brindase automaticamente mellor calidade aos textos e botóns, e os desenvolvedores poderán facer compatible as súas aplicacións con esta nova resolución. iMovie farase presente para poder editar directamente os vídeos HD tomados no teléfono.
Tamén incorpora a nova aplicación de iBooks, compra e le os teus libros electrónicos, Accesibilidade ofrece a lectura de pantalla e outras prestacións de accesibilidade e Cartafol para apps que nos permitirá organizar as aplicacións en cartafol para atopalas nun segundo.
Axuntado aos demais sensores do teléfono, un xiroscopio foi incluído o cal axudará a ter máis precisión nos videoxogos deseñados para o iPhone 4 provendo en conxunto co acelerómetro, unha mellor análise de 6 eixos (arriba, abaixo, esquerda, dereita, enfronte e atrás).
O encore da presentación foi a función de vídeo chamada entre iPhones 4G, nomeada FaceTime e dispoñible por agora só vía WiFi, funciona sen necesidade de configuración algunha e é posible facer uso de ambas as cámaras do iPhone. E por último o buscador de Microsoft, Bing, foi engadido aos buscadores do teléfono aumentando as opcións a tres (Bing, Google e Yahoo).