miniatura|300px|Galegos residentes fóra segundo o CERA, a 1/9/2023. Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior.
Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Xénese do proceso miniatura|300px|Obreiros galegos ao servizo da Edison Portland Cement Company de New Village, Nova Jersey, en 1910. Nas súas orixes obedeceu a razóns económicas e sociais, especialmente á pobreza como consecuencia da falta de traballo, a isto sumáronselle razóns políticas, orixinadas na represión do país polos Reis Católicos e aínda moi presente no momento da chegada da represión franquista, que en Galicia comezou en xullo de 1936, ó pouco de estalar a guerra civil.
Para Ramón Villares:
Para Xosé Ramón Barreiro:
Xosé Manuel Beiras foi un dos intelectuais que mellor sintetizou a importancia da emigración galega.
A emigración foi un factor estrutural da economía e da sociedade galega contemporánea pois o 30 % dos migrantes españois nas décadas finais do século XIX procedían de Galicia segundo as Estatísticas de Pasaxeiros estudadas; logo da Primeira Guerra Mundial tiñan orixe galega o 50 % e un 40 % durante os anos 1940 a 1970.
En 1993, dez anos despois da entrada en vigor da Lei de recoñecemento da galeguidade de 1983,"Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade" Esta lei foi derrogada pola "Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade" a Xunta de Galicia, cuantificou o número total de emigrantes nacidos en Galicia en 1,3 millóns (sen contar os seus fillos e netos). Así a distribución foi a seguinte: En América, 554 100 (190 000 na Arxentina, 100 000 en Venezuela e 95 000 no Brasil) Na Unión Europea e Suíza 248 500 (90 000 en Alemaña, 55 000 en Suíza e 50 000 en Francia) No resto de España 525 000
Lugares de destino miniatura|300px|O Sierra Córdoba (Bremen) en Vigo, partindo para América con emigrantes. Os principais países receptores da emigración galega a finais do século XIX e principios do XX foron Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai, países necesitados de man de obra barata e persoal nos servizos e industrias que se estaban creando. Ademais, son sociedades dunha gran permeabilidade social.
Polo que se refire aos destinos, as catro provincias galegas mostran comportamentos diferenciados: mentres que a maior parte dos emigrantes lucenses se dirixiron a Cuba e os de Ourense ao Brasil, os de Pontevedra preferiron a Arxentina e os coruñeses tamén Cuba, o que indica a existencia en Galicia dunha cultura migratoria moi antiga xa especializada, onde as cadeas migratorias e as redes de axentes seguen desempeñando un papel de grande importancia.
As provincias interiores incorporáronse máis tarde ó fenómeno migratorio ultramarino xa que no século XIX seguirán alimentando a corrente migratoria do interior peninsular, pero aínda así pódese observar como a participación conxunta da Galicia interior na emigración a América xa se aproxima a unha cuarta parte do total da emigración galega.
Por exemplo, no período 1885-1895 dos 62 273 galegos que chegaron á Arxentina (dun total de 167 575 emigrantes), as provincias atlánticas son as que achegan máis poboación: 54 954 persoas, que ven a ser un 88,2 % dos emigrantes galegos no país (24 043 da Coruña e 30 911 de Pontevedra), mentres que das interiores son 7 339, representando o 11 % dos galegos na Arxentina (4 008 de Lugo e 3 331 de Ourense).
Outro exemplo salientable sobre o destino dos migrantes galegos é o estudo realizado entre os anos 1900 e 1904 dende o porto de Vigo, así dos 2 982 migrantes dos que coñecemos o seu destino: a Brasil van o 20.4 % (607), ao Río da Prata o 63.8 % (1.904), e á illa de Cuba o 15.8 % (471).
Lugares de saída miniatura|300px|Esculturas de Ramón Conde no Porto de Vigo. Os portos de saída foron A Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa. O primeiro ten maior volume de pasaxeiros ata principios do século XX, concretamente ata os anos 20 cando Vigo se converte no porto máis importante a partir de entón. Da Coruña sae maior número de emigrantes cara a Cuba (80 % entre 1912-18 e 62,8 % en 1920-30), Porto Rico e México. A maioría proceden das provincias da Coruña e Lugo. De Vigo parten cara a Arxentina (66 % en 1912-18, 69,6 % en 1920-30), Brasil e Uruguai, por este porto saen ourensáns e pontevedreses. Polo que a proximidade do porto vai influír na elección do país de destino.
Segundo unha mostra de inmigrantes do noroeste hispánico que chegaron a Buenos Aires no primeiro trimestre de 1949 e 1950, o 97 % proveu de Vigo, o 2 % de Xibraltar e o 1 % de Barcelona. Calculouse que en Vigo embarcou case o 50 % da totalidade da emigración peninsular cara ao exterior, entre 1946 e 1954.
Hai que salientar a importancia dos portos portugueses de Leixões (Matosinhos) e de Lisboa, como lugar de saída da emigración galega. Así o vicecónsul de España en Lisboa, Ramón de Ozorno, informa o 30 de agosto de 1861 ó primeiro Secretario de Estado en Madrid da seguinte maneira:
Perfil do emigrante Nicolás Sánchez-Albornoz caracterizou á emigración española da seguinte maneira:
Dentro do perfil medio do emigrante galego, moi parecido ó anterior, é preciso salientar as seguintes características: miniatura|Ó emigrante, en Moaña. Preferentemente masculina: Máis do 70 % dos emigrantes de América foron homes, diminuíndo a porcentaxe a partir da segunda década do s. XX cando a muller se incorpora definitivamente ao éxodo. As mulleres teñen menos mobilidade que os homes debido á estrutura patriarcal existente na sociedade e nas ofertas de traballo. Cabe mencionar como excepción a esta masculinidade a emigración insular -sobre todo a de Lanzarote e Forteventura-, xa que contou cunha ampla participación feminina que tivo a súa orixe nas frecuentes recrutas de colonos efectuadas en chan canario mediante o sistema de contratas. Nos emigrantes canarios arribados a Venezuela entre 1830 e 1845 algo máis do 40 % eran mulleres.Cagiao Vila (2008) - Acogida de la Emigración española y el retorno. A muller irase incorporando progresivamente á emigración adquirindo esta un carácter máis familiar.
Dende que a emigración se xeneraliza e como consecuencia lóxica dunha emigración que afecta principalmente ós homes en idade de casar, a muller galega irá paulatinamente casando a idades máis tardías.
A distribución segundo o sexo dos galegos emigrados a ultramar por vía marítima, 1946-1964 facía un total de 185 908 homes (55,89 %) e de 146 718 mulleres (44,10 %). Por exemplo: en Venezuela a partir de 1958 só se permitiu o reagrupamento familiar, polo que en 1961 o número de mulleres ceduladas chegou a ser superior ós dos homes, e no ano 1859 emigraría con destino a Cuba tan só unha muller por cada 24 emigrantes varóns
A idade media oscila entre os 18 e os 20 anos. Máis do 50 % é menor de 23 anos (entre 1917-21, o 39 % dos emigrados teñen entre 15 e 23 anos). A idade media das mulleres era de 22 anos e a dos varóns de 20, ou incluso de 18 para os varóns chegados a Cuba entre o ano 1910 e 1929. Sendo a maioría homes solteiros.
O 24 % dos que emigran de forma definitiva nas tres primeiras décadas do século XX, tiñan menos de vinte anos e, polo menos, as dúas terceiras partes tiñan menos de 25, sendo máis dun 83 % os que non superaban os trinta anos.
Por exemplo o Rexistro da Matrícula do Consulado Xeral de España en Buenos Aires estableceu que no período 1887 - 1930 a media dos galegos (entre os chegados a Lanús e Avellaneda) era de 22,9 anos.
Formación ou instrución: A meirande parte dos emigrantes eran analfabetos, non sabían nin ler nin escribir e cunha instrución primaria, que non chegaba, na maioría dos casos á obtención do certificado de estudos primarios (supoñen o 94 % do total). De 1860, data do primeiro ano censual, a 1900 a taxa de alfabetización neta do conxunto da poboación galega pasou do 23 % ó 37 %. No ano 1860 o 90,86 % das mulleres galegas non sabían ler nin escribir, reducíndose esta porcentaxe a un 62,66 % nos casos dos varóns. miniatura|Bauis utilizados na emigración galega (anos 1950) Podemos traer a modo de exemplo que os emigrantes chegados a Cuba entre 1910-29 practicamente a súa totalidade eran analfabetos: homes 87,3 %, mulleres 92,4 %.
Inda que a nivel comparativo, os inmigrantes españois na Arxentina superaron ós italianos no seu grao de alfabetización, 56 % fronte ao 41 % en 1855, 79 % fronte ao 61 % en 1887, 74 % fronte ao 64 % en 1914, 88 % fronte ao 80 % en 1936, sendo a taxa galega incluso lixeiramente superior á española entre 1918 e 1934. Doutra banda, as taxas de alfabetización da emigración de cada provincia foron cada vez máis similares, isto é foron converxendo desde niveis próximos ao 80-87 % ao 86-89 %.
Esta tendencia crecente e converxente mantívose, e reflíctese para o período 1946-1964, nas Estatísticas de Emigración Exterior publicadas pola Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Traballo, que lanzan unha taxa de alfabetización dos emigrantes galegos a ultramar do 95,1 %, fronte á española do 94,8 %.
Procedencia: A maioría proviña dunha contorna ou medio rural (máis do 80 %). Por exemplo a maior parte da poboación emigrante española que se dirixía a Alemaña a principios dos anos 60 procedían do sector agrícola.
Causas da emigración Os factores da emigración pódense analizar, seguindo a teoría económica de Ersnt Georg Ravenstein e posteriormente por Everett S. Lee, dende a perspectiva do país emisor da emigración (factores push ou de expulsión) e dende a perspectiva do país receptor (factores pull ou de atracción), ámbolos dous factores interactúan entre si. Esta teoría, non exenta de críticas,O modelo push-pull non explica, por que os migrantes elixen uns destinos e non outros, e non ten en conta que as migracións non son individuais, senón sociais. Blanco, Cristina. Las migraciones contemporáneas (2000) foi dominante ata os anos 60. miniatura|Lei de Emigración de 1907 e Regulamento provisional para a súa execución (1908). Na década dos 60 xorden como contestación ao modelo anterior, un conxunto de teorías que, aínda presentando importantes diverxencias entre si, van coincidir nas súas premisas básicas: teoría do mercado de traballo fragmentado, teoría marxista da acumulación capitalista e a teoría do sistema mundial; teorías que se basean no pensamento neomarxista. Para estas proposicións os movementos migratorios forman parte non dunha etapa histórica conxuntural, senón estrutural. Na súa base está a división internacional do traballo que resulta dun réxime de intercambio desigual entre as economías dos países, segundo o sector ao que pertenzan –centro, semiperiferia ou periferia– do sistema capitalista mundial. Estas teorías encádranse, por tanto, dentro da vertente teórica que analiza a realidade dende a óptica da desigualdade, a explotación e o conflito.
O historiador Antonio Eiras Roel sinalou que a orixe das migracións no noroeste peninsular foi o resultado da unión de dous factores básicos sobre os que incidían en determinados momentos outras variables de maior ou menor duración. Por unha parte a alta densidade demográfica, que de por si non é determinante, combinada cunha economía agrícola de subsistencia que é deficitaria e está sometida a un proceso de descapitalización permanente pola dobre vía do imposto e da renda.