Manuel Simón Campos, coñecido como Xanote e Luis Peña, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Foi repartidor de peixe no peirao do Berbés e militante do PCE. Mobilizado en 1936, desertou para estar coa súa muller e o seu fillo acabado de nacer, e permaneceu agochado. En 1938 integrouse no grupo de Rogelio García Morales O Maletas. En 1939 presentouse ao chamamento do Gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, que prometeu unha amnistía, e pola súa condición de desertor foi obrigado a repetir o tempo do servizo militar. Destinado a un Rexemento con gornición en Zaragoza, aproveitando un permiso fuxiu de forma definitiva a mediados de 1941.
En 1943 contactou co PCE que pretendía organizar a guerrilla no sur da provincia de Pontevedra. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, José Luís Quintas Figueroa e Abraham Lloriente Sánchez.Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2. En 1946 creou o destacamento Paco Barreiro integrado na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con Avelino Otero Montes como lugartenente. No grupo integráronse os fuxidos pola represión policial Basilio Calvar Solla, Agustín Álvarez Araujo e Claudio Rodríguez Vázquez. Foi acusado co seu lugartenente Avelino Otero da morte do falanxista de Cabral Eusebio Lago Campos acontecida o 30 de xaneiro de 1947.El Pueblo Gallego, 9-4-1947, p. 4. Suicidouse o 21 de maio de 1947 nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Lavadores, ao estar acurralado. Con el faleceu Avelino Otero Montes. Foron detidos Ramón Villar Paz e Eladio Covelo Álvarez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Suicidas de Galicia Categoría:Suicidios en 1947