James Earl Feldeine Padilla, nado o 26 de xuño de 1988 en Nova York, Estados Unidos, é un xogador profesional de baloncesto con pasaporte dominicano. Formado na Universidade de Quinnipiac, actualmente xoga para o Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 1,93 metros ocupa a posición de escolta.

Traxectoria Nado na cidade de Nova York, Feldeine comezou a xogar no instituto cos Cardinal Hayes, pasando posteriormente a participar na Liga Universitaria de baloncesto dos Estados Unidos cos Quinnipiac Bobcats. No seu derradeiro ano coma xogador da liga universitaria, fixo unhas medias de 16,5 puntos, 5,8 rebotes e 2,5 asistencias por partido, cunha porcentaxe en tiros de tres do 35% de acerto. Aínda que nado en Nova York, é fillo dunha muller dominicana, polo que ten a nacionalidade dese país.James Feldeine, primeira fichaxe para Breogán En dous anos no Club Baloncesto Breogán cpnverteuse no cuarto máximo anotador da súa historia (só contando desde a fundación da Liga ACB). Posteriormente asinara un contrato por tres anos co Baloncesto Fuenlabrada, dos cales cumpre dous, xa que en 2014 asina polo Pallacanestro Cantù. Tras xogar nos Vaqueros de Bayamón, volta a Europa para xogar no Panathinaikos, no Crvena zvezda e no Hapoel Jerusalem.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en espn.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da República Dominicana Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Pallacanestro Cantù Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna