Eva Marie Cassidy, nada en Washington, D.C. o 2 de febreiro de 1963 e finada en Bowie (Maryland) o 2 de novembro de 1996, foi unha cantante norteamericana.

Traxectoria Acadou reputación local como intérprete de varios estilos musicais: jazz, blues, folk, gospel e pop. En 1996, ao morrer vítima de cancro, Eva Cassidy aínda era practicamente descoñecida fóra de Washington DC e Maryland. Mais a morte non pechou a súa traxectoria musical. Nunha recensión sobre o lanzamento de seu álbum American Tune, en 2003, o xornal inglés Daily Telegraph referiuse a ela como a protagonista da "máis memorábel carreira póstuma na historia da música pop".

Discografía The Other Side (1992), con Chuck Brown Eva by Heart (1997) - único álbum gravado integramente no estudio Live at Blues Alley (1997) Songbird (1998) - compilación de álbums anteriores Time After Time (2000) No Boundaries (2000) Method Actor (2002) Imagine (2002) American Tune (2003) Wonderful World (2004) Somewhere (2008)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas When Chuck Met Eva, no The Washington Post'' o 8 de marzo de 1998 .

Categoría:Cantantes de Washington, D.C. Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Washington, D.C.