Lokarri, é unha organización vasca autofinanciada que funciona como un movemento social de carácter pacifista. Historia e características Foi creada no País Vasco e Navarra en 2006, a partir da agrupación cidadá Elkarri, fundada en 1992. Trata de promover un acordo plural así como unha consulta popular como eixos da conciliación para a resolución do conflito vasco.

Canto á etimoloxía da denominación, Lokarri é unha palabra do éuscaro que en galego significa "aquilo que serve para unir"Presentación e definición de Lokarri , na web do movemento. .

O coordinador do movemento é Paul Ríos.

Principios Os principios polos que se rexe poden listarse como tres:

O respecto á vontade popular A aposta polo diálogo A defensa da non-violencia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Lokarri

Categoría:Asociacións Categoría:País Vasco