As Punxeiras Altas é un lugar da parroquia de Ortoño no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 49 habitantes (19 homes e 30 mulleres).

Toponimia

O topónimo As Punxeiras Altas ten dous elementos: Punxeiras podería ser un fitónimo derivado do latín , de pulegiu, referido a un lugar onde abunda o poexo. Inicialmente A Punxeira referíase ás dúas partes da aldea, que despois pasaron a coñecerse como A Punxeira de Riba e A Punxeira de Baixo, e despois o plural As Punxeiras, referido ás dúas, acabou por aplicarse a cada unha. Altas refírese á situación do lugar fronte ás Punxeiras Baixas.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Ortoño

Parroquias de Ames

Categoría:Lugares de Ames