miniatura|Armas da Idade de Bronce. Unha arma é unha ferramenta de agresión útil para a caza e a autodefensa, cando se usa contra animais, e pode ser utilizada contra seres humanos en tarefas de ataque, defensa e destrución de forzas ou instalacións inimigas, ou simplemente como unha efectiva ameaza. Unha arma é xa que logo un dispositivo que amplía a dirección e a magnitude dunha forza.AKSHOY, Paul e outros, Engineering Mechanics and Strength of Materials, Prentice Hall of India, 2005, páx. 215. (ISBN 8120326113), vid. tamén este enlace. Segundo outra interpretación, poderían definirse como os dispositivos máis sinxelos que utilizan vantaxes mecánicas para multiplicar unha forza.ASIMOV, Isaac; Understanding Physics, Barnes & Noble, Nova York, 1988, páx. 88. Vid. a referencia online. En ataque, as armas poden ser utilizadas como un instrumento de coacción, por contacto directo ou mediante uso de proxectís. Estas ferramentas, xa que logo, van desde algo tan sinxelo como un pau afiado a un complexo aglomerado de tecnoloxías, como un mísil balístico intercontinental. En sentido metafórico, calquera cousa capaz de causar un dano pode ser entendido como arma, e neste sentido interprétase o desenvolvemento da guerra psicolóxica durante as guerras do século . Máis recentemente, deseñáronse armas non letais, deseñadas para ser utilizadas por grupos paramilitares, forzas de seguridade ou ata tropas en combate, e cuxo obxectivo é provocar danos suficientes para neutralizar a un adversario sen causarlle a morte e minimizando o seu impacto sobre o medio ambiente.Actas do Congreso dos Estados Unidos, páxs. 115-126. Na práctica, enténdese que calquera elemento capaz de danar podería ser considerado arma, (aínda cando se esta non fora a súa principal función), dependendo das circunstancias e fins con que se utilicen. Criterio similar é utilizado na Ciencia do Dereito, onde o puño, pese a non ser a súa función inmediata a de danar, pode mesmo xulgarse como arma Con todo, segundo o dereito penal vixente en moitos países, un obxecto non pode ser considerado como arma se non foi creado coas funcións específicas de ataque ou defensa. Por exemplo, a lexislación española establece que:

Concepto teórico A función básica das armas non cambiou desde a antigüidade. As armas fan unha ou máis cousas de entre as seguintes: Concentrar presión: o bordo afiado dunha pedra rota ou un pau afiado aplicarán máis forza por unidade de área e fará moito máis dano que o lado sen fío ou punta. A dureza do material determina a capacidade de aplicar ou resistir a presión. Enerxía acumulada: un obxecto acumula enerxía cinética mentres a persoa o acelera e libera esta enerxía, nun lapso de tempo máis curto, sobre o branco; deste xeito amplifica a potencia do obxecto e o poder da persoa. Forza proxectada: unha pedra lanzada ou un pau longo permiten danar a un adversario desde certa distancia. O dano derívase da enerxía cinética acumulada no traxecto, dispersada no momento do impacto.Este é o mesmo principio físico con que se deseñan as armas contemporáneas, como as balas de punta oca. Por outra banda, as armas modernas poden combinar varios destes factores para causar maior destrución (Véxase a lista de armas segundo tipo ao final do artigo).

As armas poden ser ofensivas -adecuadas para que a transformación de enerxía recaia sobre un obxectivo-, ou defensivas, dirixidas a neutralizar, evitar ou polo menos absorber parte da enerxía que un inimigo poida concentrar sobre nós. Máis adiante analízanse con maior detalle segundo criterios máis específicos.

Armas prehistóricas

miniatura|Un conxunto de artefactos neolíticos, composto por brazaletes, hachas, formóns, e ferramentas para puír.

A observación doutras especies de mamíferos superiores, como os chimpancés, ofrece a posibilidade de observar o uso rudimentario de ferramentas, e as armas non escapan a esta definición.Jill D. Pruetz1 e Paco Bertolani, "Savanna Chimpanzees, Pan troglodytes verus", "Hunt with Tools" , publicado en Current Biology, 6 de marzo de 2007. Craig Stanford, experto en primates e profesor de antropoloxía na Universidade do Sur de California suxeriu que o descubrimento de "lanzas" rudimentarias -isto é, paus máis ou menos afiados- por parte dos grandes simios pódese evidenciar, por analoxía, o descubrimento das primeiras armas utilizadas pola humanidade, hai ao redor de cinco millóns de anos.Rick Weiss, "For First Time, Chimps Seen Making Weapons for Hunting", publicado en The Washington Post, o 22 de febreiro de 2007. Dun modo natural, xa que logo, os paus e as estacas afiadas compuxeron o primeiro arsenal da humanidade, e é máis que probable que se utilizasen tamén como proxectís, xunto a pedras pequenas. Estas ferramentas puideron ser moi útiles para o ser humano cando a súa propia evolución biolóxica o facía máis lento, máis torpe, máis pequeno ou máis débil que outras criaturas coas que competía polos recursos. Efectivamente, na competencia contra animais provistos de cornos, garras, caíños afiados ou unha pel impenetrable, as armas deben considerarse como unha ferramenta moi beneficiosa para a supervivencia da especie humana, quen por outra banda pronto recorreu a esas defensas naturais para perfeccionar o seu propio armamento. De calquera modo, as machadas de pedra son as primeiras armas humanas desenvolvidas especificamente para causar un dano mediante un contacto directo, utilizadas como un amplificador sinxelo de enerxía. Os primeiros proxectís dos que se ten unha datación fiable son oito lanzas de madeira, chamadas Schöninger Speere, que se estima foron construídas hai 400.000 anos."Lower Palaeolithic hunting spears from Germany", por THIEME, Hartmut; en Letters to Nature, Nature nº 385, 807 - 810, do 27 de febreiro de 1997; doi:10.1038/385807a0 ; Vid. a edición por Internet. Hai aproximadamente uns 250.000 anos empezouse a utilizar o lume para endurecer as puntas, e as primeiras pedras talladas manualmente como punta de lanza hanse datado ao redor do 80.000 a. C. Vinte milenios máis tarde, o arco e as frechas supuxeron unha revolución na tecnoloxía de armas, ao multiplicar a forza exercida reducindo ademais o esforzo muscular do usuario. A primeira xavelina conservada debeu utilizarse cara ao 42.000 a. C. Durante a etapa Paleolítico, empezáronse a utilizar dardos, máis precisos que as frechas, e o átlatl -unha arma utilizada como propulsor de lanzas- máis antigo achado rolda os 27.000 anos.

Armas da antigüidade

Durante o neolítico, a densidade da poboación humana na Terra había ido crecendo, apareceron os primeiros asentamentos estables, por exemplo, poboado ibérico de Ullastret, e o traballo especializouse , e foise establecendo unha forte competencia entre tribos veciñas. Este é o momento en que, grazas ao dominio da metalurxia aparecen materiais máis resistentes e que permite a elaboración das primeiras armas metálicas. De orixe as primeiras armas derívanse de utensilios para cultivar a terra por exemplo, a fouce ou gadaña.

Así aparecen as armas de corte, dunha face (coitelo) e bifaciais (espada); as armas de impacto ou de esmagamento (maza, garrote) ou as de dano mixto (corte/esmagamento), como a machada. miniatura|Unha balista montada nun carro, tirado por catafractas acoirazadas (circa 400 d.C). As armas da antigüidade ofrecían numerosas vantaxes sobre os seus precedentes prehistóricos, con melloras significativas en canto aos seus materiais e técnicas de uso, así como porque se conservaba durante máis tempo. A aprendizaxe da fusión dos metales converteu aos ferreiros en figuras moi importantes en todas as comunidades humanas, e parte dos seus atributos máxicos debíanse á revolución tecnolóxica que representaban as espadas de ferro, os escudos e a armadura persoal. Deste refinamento técnico seguiuse un maior refinamento táctico, de modo que empezaron a deseñarse armas para fins específicos, como a alabarda ou o casco. A difusión da roda e a equitación, paralelas ao desenvolvemento metalúrxico, forxaron a primeira unidade militar composta, o carro de guerra, cuxa invención se data ao redor do século XX a. C. e cuxo uso tivo o seu clímax en torno ao século XIII a. C. (véxase a Batalla de Qadesh). A formación de unidades montadas nesta época supuxo a creación dun paradigma militar, a cabalería, que perduraría ata ben entrado o século XX..

Armas da Idade Media

150px|miniatura|Un cabaleiro con armadura; ilustración dun libro alemán, publicado en 1483.

O fin da antigüidade en Europa, definido polo Gran Cisma e a difusión da sociedade feudal, veu aparellado a unha nova revolución nos armamentos: Por un lado, mediante a edificación de grandes edificacións defensivas, e por outro, co perfeccionamento de armas de asedio. A cabalaría adquire un valor de status social. A nobreza identifícase coa forza militar -o Cabaleiro feudal-, e ocupa xunto á monarquía e o clero a posición dominante na estrita xerarquía feudal. Este modelo sociocultural, que perdurou durante séculos, vai cambiar ata propiciar o chamado Renacemento, definido tamén pola aparición da pólvora, que formulou un paradigma completamente novo na estratexia militar.

Armas da Idade Moderna

A pólvora, foi introducida en Europa dende oriente preto do ano 1200, marcou o inicio dunha nova revolución bélica. Durante o Renacemento vanse perfeccionando armas como a bombarda, a culebrina ou a espingarda. A guerra adquire un carácter completamente novo, xurdindo en consecuencia novos tipos de barcos, como o galeón ou o bergantín. O progresivo refinamento desas armas de asedio redundaron na aparición de armas de fogo de uso persoal, un elemento clave, para os conquistadores españois cara á era dos descubrimentos. Esta tecnoloxía afectou decisivamente a historia do mundo a nivel intercontinental.

miniatura|320px|Os desastres da guerra n.º 33: «Que hai que facer máis?». Francisco de Goya reflicte na súa obra gráfica a brutalidade e barbarie a que se chegou na guerra da independencia española. As armas de fogo supoñían un salto cualitativo, posto que a enerxía era almacenada nun material explosivo, denominado propelente, como a pólvora, en lugar de depender dun peso ou un movemento provocado polo usuario. Esa enerxía libérase a maior velocidade, e o dispositivo pode ser reempregado sen fatiga do material nin do portador, nun lapso de tempo relativamente breve. As armas de fogo convertéronse nun factor imprescindible para a formación dos grandes imperios do século ,Algúns deles perdurarían ata o século , como o imperio Británico, e constitúen un testemuño dos avances desenvolvidos nesa área, así como da extraordinaria importancia política das armas. e foron obxecto de numerosos estudos destinados a mellorar tanto o seu alcance coma a súa potencia, precisión ou velocidade de recarga. Dende a guerra da Independencia dos Estados Unidos ata os principios do século xx, as armas de combate corpo a corpo foron finalmente desbotadas do campo de combate, debido ao pouco alcance destas e o seu difícil uso dentro do devandito alcance. Ás veces mencionada como a era do fusil, este período caracterizouse polo desenvolvemento de armas de fogo para a infantaría e de canóns para o soporte das tropas, así como o inicio da automatización das armas. En América do Norte, a poboación india viuse desprazada dos seus asentamentos ancestrais tras ser convencidos, primeiro polas armas e despois pola diplomacia, da conveniencia de trasladarse a unha reserva india.Calculase que a área conxunta (en km2) de todas as reservas indias estadounidenses representa o 4% do territorio nacional. Máis adiante, durante a guerra civil, nace o primeiro acoirazado e a primeira metralladora nos Estados Unidos. Por outra parte, o uso da máquina de vapor substituíu a navegación a vela que fora, dende a antigüidade, a forza motora por excelencia de calquera embarcación. A grandes liñas, este contexto é o dominante -con notables variacións segundo o país- na maioría de exércitos modernos do século .