Santiago Morán "el Viejo", nado en Viana do Bolo circa 1571 e finado en Madrid en 1626, foi un pintor de cámara.
Traxectoria miniatura|La infanta Margarita Francisca, cara a 1610, óleo sobre lenzo (100 x 72 cm.), Museo do Prado. Discípulo e colaborador de Juan Pantoja de la Cruz, ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III ao quedar esta vacante á morte de Pantoja en 1609. Como pintor de cámara están documentados algúns retratos que fixo do rei e dos membros da familia real, inda que asemella que só se conservou o retrato da infanta Margarida Francisca, filla de Filipe III, atribuído a el no Museo do Prado.O retrato español no Prado. Do Greco a Sorolla, Museo do Prado. Tamén, segundo os documentos, destacou como pintor de aves. En 1612 recibiu o encargo de copiar algunhas das pinturas que a raíña Margarida de Austria encargara traer de Florencia para o retablo maior e colaterais do convento das Descalzas Reais de Valladolid, pinturas que sufriran graves danos na viaxe. Segundo investigacións recentes parece probable, con todo, que Morán se limitase a restaurar, e quizais non pola súa propia man, estas pinturas conservadas in situ. Da súa produción, descontados estes cadros, queda unicamente unha Imposición da casula a San Ildefonso en colección particular ata que foi adquirido polo Estado en 2016 con destino ao Museo do Prado.
É pai do pintor Santiago Morán Cisneros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cruz Valdovinos, José Manuel; Sobre el pintor de cámara Santiago Morán el Viejo (1571-1626), 17 páx., UCM .
Categoría:Pintores de Galicia do século XVII Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1571 Categoría:Finados en 1626 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público