San Felices de Buelna é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte con Torrelavega e Cartes, polo sur con Anievas, polo leste con Corvera de Toranzo e Puente Viesgo e polo oeste con Los Corrales de Buelna.

O municipio áchase na comarca do Besaya e polo seu termo discorre o río Besaya. A influencia do desenvolvemento industrial da comarca repercutiu tamén neste municipio, aínda que en menor medida.

Localidades Os seus 2.309 habitantes (INE, 2008) viven en: La Bárcena, 3 hab. Jaín, 197 hab. Llano, 229 hab. Mata, 543 hab. Posajo Penías, 73 hab. Rivero (Capital), 403 hab. Sopenilla, 185 hab. Sovilla, 257 hab. Tarriba, 419 hab.

Demografía

Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PRC 1372 78,04 % 10 PSOE 196 11,15 % 1

Alcalde electo: José Antonio González-Linares Gutiérrez (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 1414 81,97 % 10 PSOE 162 9,39 % 1

Alcalde electo: José Antonio González-Linares Gutiérrez (PRC).

Patrimonio miniatura|250px|Torre de Pero Niño. Posúe cinco bens de interese cultural: Torre de Pero Niño, en Llano, con categoría de monumento. É unha torre medieval que se converteu en museo que presenta unha recreación da biografía de Pero Niño e que evoca a vida na Baixa Idade Media, a organización social de tipo estamental, as prácticas da cabalería, o armamento da época e as xestas de Pero Niño. Cova de Hornos de la Peña, en Tarriba, con categoría de zona arqueolóxica. Forma parte do lugar Patrimonio da Humanidade chamado "Cova de Altamira e arte rupestre do norte de España". Cova de Sovilla, zona arqueolóxica. Forma parte da zona arqueolóxica chamada "Conxunto Arqueolóxico formado polos xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas"; outros municipios relacionados con este ben de interese cultural son: Corvera de Toranzo, Anievas, Molledo, Arenas de Iguña e Puente Viesgo. Os Castros do Monte Dobra, zona arqueolóxica. Ademais, a Igrexa de San Félix en Rivero é Ben de interese local con categoría de inmoble.

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Cantabria