Acontecementos Asia 26 de xaneiro - Batalla de Talikota - O raja hindú de Vijayannagar é derrotado por sultáns musulmáns. Como consecuencia derrúmbase o reino hindú e propíciase a penetración islámica.

miniatura|esquerda|200px|Extensión do reino de Vijayannagar a inicios do século XVI América 1 de marzo - Fundación da cidade do Río de Xaneiro. 28 de agosto - Os españois fundan San Agustín, na Florida.

Europa 18 de maio - Os turcos asedian Malta ("Grande asedio de Malta").

Arte e cultura Pieter Brueghel o Vello pinta unha serie de cinco cadros co título de "As estacións do ano". En Venecia comeza a construción da igrexa de San Giorgio Maggiore, obra do arquitecto Palladio.

Nacementos Duarte Lobo, compositor portugués (m. 1646). Pedro Fernández de Quirós, navegador e explorador hispano-portugués (m. 1614).

Mortes 9 de decembro - Pío IV, papa entre 1559 e 1565 (n. 1499).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1565