Bent Larsen, nado en Tilsted, preto de Thisted, o 4 de marzo de 1935 e finado en Buenos Aires o 9 de setembro de 2010, foi un xadrecista dinamarqués varias veces candidato ao título mundial. Na década dos 60, foi considerado un dos mellores xogadores non soviéticos xunto con Lajos Portisch e Robert Fischer. No "match do século" (URSS contra o Resto do mundo) de 1970 defendeu o primeiro taboleiro, mentres que Fischer ocupou o segundo.
Véxase tamén Ligazóns externas Adiós a una leyenda , necrolóxica no diario arxentino La Nación
Categoría:Xadrecistas de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Nordjylland Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Xadrecistas do século XX