Mariano Enrique Fernández Cabarcos, nado en Ponferrada o 26 de xaneiro de 1972, é un locutor, técnico de son e empresario galego. É o secretario e coordinador de lexislación da Rede de Medios Comunitarios.
Traxectoria Estudou DereitoBiografía de Mariano Enrique Fernández Cabarcos . Radio en Galicia na Universidade da Coruña, na que se incorporou ao Club de Prensa en 1994, dende onde colaborou na publicación A Tarima. En xaneiro de 1995 comenza a codirixir o programa A pé de campus, no que o 15 de marzo coñeceu a Tomás Legido.
Vendo que no Campus de Ferrol existía unha emisora universitaria (Radio Kaos), pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, así que o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como Asociación Xuvenil, no que Mariano Fernández desempeña diferentes cargos. Este colectivo crearía en 1996 a emisora comunitaria Cuac FM. De todos os fundadores, unicamenteLa Radio más aficcionada. La Opinión de A Coruña. Tomás LegidoBiografía de Tomás Legido Sánchez . Radio en Galicia e Mariano Fernández, seguen formando parte activa de Cuac FM.
Participou en diversos programas de Cuac FM, como Mogaespuma (con Nino García), Gold Connection (en solitario) O lado escuro do Corazón (con Tomás Legido), Bugalú (con Tomás Legido) e dende 2003, é locutor e técnico de son en Alegría,Blog del programa Alegría . Cuac FM (con Tomás Legido e Bea Ulalume) un magazine que informa de temas culturais, sociais e políticos, principalmente referentes á actualidad coruñesa ou galega.
De forma simultánea á súa participación en Cuac FM, tivo seccións fixas sobre a actualidade universitaria en emisoras como Radio Voz ou Radio Coruña - Cadena SER; e dende 2003 a 2009, realizou xunto con Tomás Legido o programa Claves de Carral, na emisora municipal de Carral, Carral Radio. Tamén colaborarou na revista humorística 4 gatos.
En 1999, xunto con Tomás Legido e Antón Lezcano, fundaron a empresa de xestión cultural 10D10.Web de 10D10
Participou en diversos encontros de medios comunitarios, participando na creación en 2006 da Rede Galega de Radios Libres e ComunitariasAs radios libres galegas mantéñense vizosas e preparan unha coordinadora que facilite o seu traballo. Cultura Galega (que aínda non ten personalidade xurídica), e en 2009, da Rede de Medios Comunitarios,Red de Medios Comunitarios en España . Centre for Communication Rights na que Mariano Fernández sería Secretario e Coordinador de Lexislación, e da que Cuac FM se convertería na súa sede social. Neste cargo comprometeuse de forma activa coa problemática dos medios comunitarios, contestandoAs emisoras FM ilegais e o dereito a comunicar . Radio en Galicia."A Don Luis del Olmo" . Alegría (Cuac FM). 12 de enero de 2010."Vuelta la burra al trigo" . Alegría (Cuac FM). 17 de enero de 2010 ás acusacións que dende os medios de comunicación comerciais"El día que denunciamos en el programa de Luis del Olmo sus prácticas piratas" . Radio Enlace. 12 de enero de 2010Javier González Ferrari: "Es una locura que estén proliferando las radios ilegales". Público. 17 de enero de 2010 fixeron a todas as emisoras de radio sen licenza.
Notas
Categoría:Personalidades da radio en galego Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña