O río Eifonso é un río galego que transcorre integramente polo concello de Vigo. Afluente do río Lagares, constitúe un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do concello vigués.Verdegaia Recibe o seu nome da aldea de Eifonso, da parroquia de Bembrive.

Descrición Nace no Monte das Lagoas, próximo ao campus universitario vigués, a unha altura de 450 metros. Transcorre polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, onde desauga no Lagares, tras percorrer 6 quilómetros. Á súa beira transcorre unha ruta de sendeirismo que atravesa fragas de ribeiras únicas no concello, muíños e unha fervenza. No camiño está o antigo poboado de (Bembrive), xa abandonado, erguido no século X.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Recorrido Eifonso en Las mejores rutas de senderismo, Faro de Vigo. Ligazóns externas Sendeiro do río Eifonso en Galicia Máxica

Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra Categoría:Xeografía de Vigo Categoría:Natureza en Vigo