Surt é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado na cara (no hemisferio) visible de Ío (visible dende Xúpiter) e as súas coordenadas na superficie da lúa son 45,21° N 336,49° O.
Características Surt consiste nunha fosa ovalada volcánica (chamada patera) duns 75 por 40 km, rodeado de varios depósitos circulares de xofre vermello e de brillante dióxido de xofre, localizados ó sur e leste da fosa. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo de 1979. Máis tarde e dentro dese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional deulle oficialmente o nome de Surt, dentro da mitoloxía islandesa, Surtr era un deus dun volcán islandés.
Dende que a Voyager 1 descubriu este volcán, foron vistas varias erupcións nel. A primeira erupción foi vista dende observatorios terrestres que estaban seguindo o descubrimento do vulcanismo en Ío que nese momento estaba focalizado en Surt, o 11 de xuño de 1979, entre os sobrevoos da Voyager 1 e da Voyager 2. Cando a Voyager 2 chegou ó sistema de Xúpiter en xullo do ano 1979, a erupción semellaba terse detido, pero podíase observar un depósito fresco duns 600 km de ancho ó redor de Surt, procedente dunha unha pluma eruptiva do propio Surt. Este depósito suxería unha pluma activa do tipo Pele en Surt entre o período intermedio que houbo entre a chegada das dúas Voyager a Xúpiter. Ademais, observouse material escuro, que seguramente era lava que foi expulsada durante a citada erupción, a cal era visible dentro da parte oriental do patera. Cando a sonda Galileo tomou as súas primeira imaxes desa área no ano 1996, a aparencia de Surt e os seus arredores regresaran á súa aparencia orixinal, ó estado visto pola Voyager 1, suxerindo outra vez que as súas erupción son de períodos curtos.
Surt erupcionou outra vez o 22 de febreiro do 2001, na erupción volcánica máis potente xamais observada, en termos de emisión de enerxía (en watios). A cantidade total de enerxía emitida durante esa erupción de Surt (7, 2–8,4 1013W) estaba próxima a acada-la suma da media de enerxía emitida por tódolos volcáns de Ío. A pesar desta violentisima erupción, detectáronse poucos cambios na superficie próxima a Surt nas imaxes tomadas pola Galileo seis meses despois, suxerindo así que boa parte dos cambios desapareceran ou quedaron 'murchados'. Máis tarde, en agosto do 2001, a Galileo tomou imaxes de depósitos vermellos frescos, ricos en sulfuros, que estaban situados ó nordeste de Surt.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patera Ío Vulcanismo en Ío
Categoría:Ío Categoría:Volcáns extraterrestres