O Estadio de Mendizorrotza (ou Mendizorroza en castelán) é un estadio de fútbol, situado na cidade vasca de Vitoria, Áraba. O seu equipo titular é o Deportivo Alavés. Foi inaugurado o 27 de abril de 1924 e actualmente ten unha capacidade para 19.840 espectadores e unhas dimensións de 105x67 metros.Deportivo Alavés - Instalaciones ; deportivoalaves.com
Está situado no Paseo Cervantes, no barrio de Mendizorrotza, á beira das piscinas municipais e da Fundación Estadio. O estadio sufriu varias remodelacións, sendo a última e máis importante na tempada 1998/99 tras o terceiro ascenso do Alavés a Primeira División.
Notas
Véxase tamén Deportivo Alavés Ligazóns externas Sitio web do Alavés
Mendizorroza Categoría:Deporte en Vitoria Categoría:Deportivo Alavés