Alberte Permuy Martínez, nado en Fene o 8 de xullo de 1955, é un deseñador gráfico galego.
Formouse como deseñador en Barcelona, e dende 1983 traballa nesa profesión en Santiago de Compostela. Entre as súas obras destaca Xubi, a mascota do Xacobeo dende 2010 ou identidades corporativas para a Xunta de Galicia, o concello de Santiago, entre outros. A súa obra expúxose en colectivas de deseño gráfico en Lisboa, Atenas, Xangai, Beixín, o MARCO de Vigo ou o Raíña Sofía madrileño.
Deseños
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Deseñadores de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deseñadores gráficos