Soichi Noguchi (野口聡一 Noguchi Sōichi), nado o 15 de abril de 1965 en Iocoama, é un enxeñeiro aeronáutico e astronauta xaponés. Foi o quinto xaponés en viaxar ao espazo.
Traxectoria Aínda que nado en Yokohama, pasou a súa infancia na cidade de Chigasaki. Entre 1984 e 1989 estudou na Universidade de Tokyo onde se licenciou e doutorou en Enxeñería AeronáuticaAstronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008), NASA, consultado o 9/9/2009. Despois de graduarse, Noguchi traballou para a empresa Ishikawajima-Harima, na área de I+D do seu departamento de aeronáutica e traballou no deseño de aerodinamicidade de avións comerciaisAstronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008) , NASA, consultado o 9/9/2009..
A Noguchi seleccionárono como candidato a astronauta na Axencia Xaponesa de Exploración do Aerospazo en xuño de 1996. Dous meses despois comezou o seu adestramento nas instalacións da NASA en Johnson Space Center. Ao cabo de dous anos obtivo a cualificación de especialista de misión, e marchou a Rusia a proseguir a súa formación no Centro Gagarin de Adestramento de Cosmonautas en 1998. Incorporouse ao equipo técnico do módulo xaponés da Estación Espacial Internacional e en abril de 2001, como tripulante da STS-114.
Noguchi foi en 2009 na tripulación da Soiuz TMA-17. Cando estaba no espazo, en viaxes desenvolvidas en 2010, tomou diversas fotografías da Terra e publicounas en Twitter, a través de Twitpic. Entre esas fotos estaba unha da ría de VigoSoichi Noguchi, propuesto hijo adoptivo de Vigo , El Correo Gallego, 23/9/2010.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A súa conta de Twitter: Astro_Soichi Biografía oficial na web da NASA Perfil de tripulante da STS-114
Categoría:Astronautas do Xapón Categoría:Personalidades do Xapón Categoría:Nados en Iocoama Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Nados en 1965