O músculo extensor radial longo do carpo ou primeiro radial externo é un músculo do membro superior humano situado no compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo metacarpiano.
Orixe e insercións A súa orixe áchase na zona distal da crista supracondílea e no epicóndilo lateral do úmero. O seu tendón insírese na base do segundo metacarpiano.
Función Estende e abduce o pulso.
Innervación Nervio radial, antes de que este se divida nunha póla superficial e noutra fonda.
Vascularización É vascularizado pola arteria radial.
Categoría:Musculatura do membro superior