Crime e castigo é unha novela de Fiódor Dostoievski, publicada en 12 entregas en 1866 no xornal literario O mensaxeiro rusoUniversity of Minnesota - Study notes for Crime and Punishment . co título orixinal en lingua rusa de Преступление и наказание (Prestuplenie i nakazanie). Foi traducida ao galego por Ekaterina Guerbek, e publicada por Editorial Galaxia en 2003 e por Rinoceronte Editora vinte anos despois.
Características Crime e castigo pon o foco na angustia mental e os dilemas morais de Rodion Romanovich Raskolnikov, un pobre e antigo estudante de San Petersburgo que formula e executa un plan de matar a unha vella usureira para lle roubar. A novela ten un marcado carácter psicolóxico, adentrándose na mente do seu protagonista mentres a investigación policial vaise achegando á súa beira.
Constitúe unha das obras cume da literatura universal e tivo unha grande influencia en escritores posteriores, coma os existencialistas Albert Camus e Jean-Paul SartreSparkNotes Editors. “SparkNote on Crime and Punishment.” SparkNotes LLC. 2002. http://www.sparknotes.com/lit/crime/ (accedido o 23 de setembro de 2010)..
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Literatura rusa
Ligazóns externas Crime e castigo
Categoría:Obras literarias de 1866 Categoría:Novelas en ruso Categoría:Obras traducidas do ruso ao galego Categoría:Obras de Fiódor Dostoievski