A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes.
Historia e usos A planta probablemente ten a súa orixe na India, e foi parte da dieta humana dende tempos neolíticos, sendo un dos primeiros cultivos domesticados.
Cun 26%, a lentella é a terceira planta alimenticia cunha maior porcentaxe das súas calorías en forma de proteínas, despois da soia e os grans de cánaboCallaway JC (2004). Hempseed as a nutritional resource: an overview. Euphytica 140:65-72.. Isto fai dela unha parte importante da dieta en moitas partes do mundo, especialmente no subcontinente indio, onde hai grandes poboacións vexetarianas. Son alimentos tradicionais, ademais de na India e Paquistán, na rexión mediterránea e no Medio Oriente.
Tipos miniatura|295px|Tipos de lentellas. miniatura|295px|Lentellas vermella e marrón. Hai unha gran variedade de lentellas, con cores tan variadas coma o amarelo, vermello, verde, marrón ou negro:
Pardina leonesa ou castelá (marrón). Lentellas de Puy (Lo Puèi de Velai) ou francesas verdes. Beluga negra. Eston Green, Richlea, Laird (verdes). Petite Golden (amarelas). Masoor (Coa pel marrón, son vermellas dentro). Macachiados (amarelas grandes mexicanas).
Preparación Cociñar as lentellas aumenta a súa dixestibilidade, xa que a calor incide no nivel de antinutrientes coma pitatos e taninos, presentes nelas. Algúns tipos de lentellas son tan duros que teñen que ser deixadas dun día para o outro a remollo antes de cocelas. A cocción dura entre 20 e 30 minutos, dependendo da variedade.
Mestúranse frecuentemente con arroz, xa que ten un tempo de cocemento similar. Este prato mesturado denomínase mujaddara no Medio Oriente, khichdi na India e kushari en Exipto.
En Galicia adóitanse preparar estufadas con chourizo e touciño, e mesmo mesturadas con arroz. Tamén se consomen cocidas con outros vexetais ou simplemente fervidas para o seu uso en ensaladas
miniatura|300px|Lentellas con chourizo e touciño.
Valores nutricionais e de saúde
Ademais do seu elevado grao de proteínas, as lentellas conteñen fibra, vitamina B1 e minerais. A revista Health seleccionou as lentellas como un dos cinco alimentos máis saudables.
Contido en ferro
Produción miniatura|300px|dereita|Produción mundial de lentellas. A FAO informou que a produción mundial no ano 2007 foi de 3,487 millóns de toneladas. Un terzo da produción mundial de lentellas dáse na India, seguida do Canadá co 17% e Turquía co 15%. O Canadá, cuxa produción se concentra na rexión de Saskatchewan, é o maior exportador do mundo.
Notas
Ligazóns externas Terminoloxía botánica. Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Legumes Categoría:Fabáceas