Luís Efrén Carballo Taboada, nado en Xinzo de Limia o 23 de novembro de 1938 e finado en Panxón (Nigrán) o 9 de febreiro de 2019, foi un publicista galego.

Traxectoria A súa carreira transcorreu en paralelo ao desenvolvemento da moda galega e da industria téxtil en Galicia. Foi un dos impulsores da pasarela de moda Luada, que tiña lugar en París, Barcelona, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e outras cidades. Tamén da revista Galicia Moda, que combinaba as últimas tendencias da moda galega con contidos culturais de amplo espectro. Luís Carballo foi o responsable do slogan La arruga es bella, para Adolfo DomínguezEloy Lozano, Los muertos van deprisa (blog)..

Tamén foi o responsábel da revista cultural de tendencias Ith e da revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e da alimentación e realizou algúns deseños e campañas para o Ano Xacobeo de 1993 e creou a mascota Pelegrín. Tamén traballou para multinacionais como Pescanova, Coren ou o Banco Pastor.

Dirixiu unha axencia de publicidade en Vigo.

Galardóns Medalla de Bronce de Galicia (1993) Premio Internacional Arjo Wiggins (2000).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Publicistas Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados en 1938

Categoría:Finados en 2019