El Porvenir foi un periódico que se publicou en Santiago de CompostelaEn moitas publicacións figura como lugar de edición A Coruña, pero debe tratarse dun erro. en 1845.

Historia e características Subtitulado Revista de la Juventud Gallega, apareceu o 3 de febreiro de 1845 co lema "Todo para Galicia". Editábase na Imprenta de la Viuda e Hijos de Compañel e aparecía tres veces ao mes.No número 11, de 29 de junio de 1845, informaba que se publicará 3 veces ao mes. O seu director foi Antolín Faraldo, e os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa. Saíron á rúa 14 números, o último número apareceu o 28 de agosto dese ano, pois o gobernador da Coruña decretou a súa suspensión o 1 de setembro.

Neste periódico apareceu o manifesto Nuestra bandera literaria, probablemente da autoría de Ramón de la Sagra, no que se defendía a anarquía literaria como camiño para acadar unha emancipación absoluta do pensamento. Por esta razón algúns autores considérano como o primeiro periódico anarquista do mundo.Woodcock, G.: Anarchism: a history of libertarian ideas and movements. University of Toronto Press, 2004. P. 299. ISBN 1-55111-629-4 .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1845 en Galicia Categoría:Santiago de Compostela sen imaxes