O Castro ou O Castro de Samoedo é un lugar da parroquia de Osedo no concello coruñés de Sada, na comarca da Coruña. Non debe confundirse co lugar de Samoedo na veciña parroquia de Sada. Segundo o INE, en 2025 tiña 263 habitantes (123 homes e 140 mulleres), o que supón un aumento en relación a 2011, cando tiña 244 habitantes.

Neste lugar sitúase o complexo de Cerámicas do Castro, xerme da etapa contemporánea do Grupo Sargadelos. Neste complexo están a fábrica de cerámica do Castro, as Ediciós do Castro e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Galería de imaxes do Castro

Lugares e parroquias Lugares de Osedo

Parroquias de Sada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sada

Categoría:Lugares de Sada