Amancio Caamaño Cimadevila, nado en Negreira en 1894 e finado en Poio o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego. Traxectoria En Santiago de Compostela licenciouse en Medicina e Veterinaria e foi profesor de piano. En 1922 asentouse en Pontevedra onde foi propietario dun importante sanatorio rematado en 1931. Foi director do Hospital Provincial de Pontevedra. miniatura|Maquieira, daquela presidente da Deputación, Castelao e Caamaño, daquela Gobernador Civil, en 1934. En 1930 foi elixido presidente da Xunta Directiva fundacional do Centro Republicano de Pontevedra, permaneceu no cargo ata xuño de 1931. Foi un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega e formou parte do seu Comité Executivo.

Nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación Provincial de Pontevedra, o 25 de maio de 1931 foi elixido presidente da Deputación. Nas eleccións xerais de 1933 foi candidato do Partido Republicano Gallego, pero non saíu elixido. Ingresou despois en Izquierda Republicana, sendo un dos representantes galegos elixidos para participar a asemblea fundacional de IR en Madrid. Foi Gobernador Civil de Pontevedra até febreiro de 1936, en xaneiro abandonara IR por estar en desacordo coa formación da coalición da Fronte Popular. miniatura|Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12-11-1936. Foi o principal doador da provincia pontevedresa para as vítimas da Revolución de Asturias de 1934, ademais de cooperar co Socorro Vermello Internacional. Foi presidente da Sociedad Recreo de Artesanos de Pontevedra.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de xullo e recluído na Prisión Provincial establecida na Escola Normal. Foi destituído da súa praza de médico. Procesado e condenado a morte, foi fusilado na Caeira o 12 de novembro.El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6. O seu sanatorio e bens foron incautados. Nos anos corenta, logo dun longo proceso, fóronlle restituídos á familia.

Vida persoal Casou en 1920 con Matilde Caamaño Pato,El Ideal Gallego, 10-4-1920, p. 2. irmá de Alfredo e Manuel Caamaño Pato, coa que tivo tres fillos: Matulas, Milocha e Amancio.

Querela arxentina contra os crimes do franquismo En 2019 a súa familia incorporouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Liñares Giraut, Xosé Amancio (1993). Negreira na guerra do 36 Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-656-4.

Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en Negreira Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Médicos de Negreira Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Fusilados