250px|miniatura|Theodor Herzl fundador do sionismo.

Biniamin Zeev 'Theodor' Herzl, nado en Budapest o 2 de maio de 1860 e finado o o 3 de xullo de 1904, foi un escritor húngaro e fundador do sionismo.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia xudía sefardí de orixe española. Ó cumprir 18 anos, a súa familia trasládase a Viena, onde se dedica a estudar Dereito, obtendo o doutoramento en 1884.

Traballou como escritor, dramaturgo e xornalista. Chega a París para traballar no Neue Frei Presse como correspondente, e aló segue o caso Dreyfus. En 1896 escribe Der Judenstaat ("O Estado Xudeu"), no que propon que a cuestión xudía era un asunto de política internacional e do dereito Internacional Público e que como tal debía ser asumido.

Promove a creación da OSM (Organización Sionista Mundial) e organiza o Primeiro Congreso Sionista en 1897. En 1902 publica Alteneuland ("A vella nova terra") onde presenta ó futuro Estado Xudeu como unha utopía socialista.

Falece o 3 de xullo de 1904 de pneumonía.

Categoría:Políticos de Hungría Categoría:Escritores de Hungría Categoría:Escritores de Austria Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Sionistas Categoría:Historia de Israel Categoría:Nados en Budapest Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1904