Todo é silencio é unha novela de Manuel Rivas. Foi publicado por Edicións Xerais en outubro de 2010, cunha primeira edición de 12.000 exemplares."Rivas bate unha marca histórica en Xerais con ‘Todo é silencio’" , artigo en Xornal de Galicia, 13 de outubro de 2010. Levou o premio de narrativa da AELG en 2011. En 2011 fíxose unha adaptación cinematográfica, dirixida por José Luis Cuerda con guión de Gerardo Herrero e coa participación de Quim Gutiérrez, Ángel Silvestre e Celia Freijeiro"Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»" , artigo no blog de Edicións Xerais, 29 de setembro de 2011., co título homónimo de Todo é silencio.
Trama
A novela divídese en dúas partes: "O silencio amigo" (capítulos I a XVI) e "O silencio mudo" (XVII a XLV).
Mariscal é un contrabandista da vila atlántica de Brétema.Debido a certa polémica pola coincidencia do topónimo Brétema co usado en varios libros por Marina Mayoral, Rivas decidiu cambiar o nome da vila polo de Noitía nas seguintes edicións. ´Todo es silencio´ se queda sin Brétema Ficha do libro na Editorial Xerais Os seus pais comezaron co contrabando de volframio durante a segunda guerra mundial; logo de estudar no seminario, pasouse ao tabaco rubio de batea, e tras contactar cos clans colombianos, ao narcotráfico. Aos poucos, vai tecendo unha rede de control social, económico e institucional. A vida na vila aparece marcada pola economía somerxida, e o destino dos seus habitantes pola sombra da corrupción e o poder.
Fins, Brinco e Leda son tres rapaces de Brétema. Fins queda orfo ao morrer seu pai pescando con dinamita, e marcha a estudar a Cádiz. Brinco e Leda casan e teñen un fillo, e únense ao clan de Mariscal. Co tempo, Fins (que xa desde pequeno sofre epilepsia) regresa á vila como inspector da Garda Civil, encargado de loitar contra o narcotráfico. Brinco, que chega a rexentar un club de alterne, pensa en matalo.
O clan vai medrando, e os seus membros medran na súa posición social e económica. Porén, mentres algúns levan o aumento da súa riqueza con sobriedade, outros fachendean en exceso, mostrándose con vehículos, vivendas e traxes opulentos. Mariscal postúlase como candidato á alcaldía de Brétema, e Brinco chega a presidir o club de fútbol da vila.
Descóbrense varios gardas civís corruptos (desde axentes a oficiais) e varios narcos traidores (incluída a muller de Mariscal). Logo de que un home do clan de Mariscal, enganchado á heroína, non pague unha débeda aos colombianos encargados da subministración da droga, iníciase unha batalla entre clans, que dá lugar á morte de varias persoas.
Leda cita a Fins na vella escola. Alí aparece Brinco, e iníciase un tiroteo, no que este resulta morto.
Personaxes Tomás Brancana, Mariscal Guadalupe Melga (muller de Mariscal) Víctor Rumbo, Brinco Quique Rumbo (pai de Brinco; barman do Ultramar) Sira (nai de Brinco) Leda Hortas Nove Lúas (muller de Brinco) Antonio Hortas e Adela (pai e nai de Leda) Santiago Rumbo Hortas (fillo de Leda e Brinco) Macro Gamboa Tito Balboa Chelín Óscar Mendoza (avogado) Delmiro Oliveira (portugués) Tonino Montiglio (siciliano) Pablo Escobar (colombiano) Félix Fins Malpica (inspector da Garda Civil) Lucho Malpica e Amparo Saavedra (pai e nai de Fins) Mara Doval (subinspectora) Basilio Barbeito, O Desterrado ou O Coxo (mestre) Carburo (gardacostas)
Narración A narración segue a liña das anteriores novelas do autor. Está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente, e inclúe abondosas descricións. Parte da historia está baseada en feitos e personaxes reais, relacionados cos clans do contrabando e narcotráfico existentes no Salnés e o Barbanza, vencellados á súa vez con clans estranxeiros. Así mesmo, teñen bos contactos coa igrexa e coa xustiza.
Espazo Brétema é unha vila costeira, e preto dela aparecen numerosas praias, cabos e penedos. Moitos dos personaxes saben ben navegar, ben mariscar. Cara ao interior, son numerosos os outeiros desde os que se vixía a ría coñecidos polos personaxes.
Hai viaxes ao Baixo Miño, e tamén se fala de cidades de América, como Medellín.
Tempo A trama comeza a mediados da década de 1960 (menciónase que Cassius Clay pasa a facerse chamar Muhammad Ali tras negarse a loitar na guerra de Vietnam). A segunda parte comeza uns 20 anos despois, a mediados da década de 1980. Co paso do tempo vanse vendo as melloras tecnolóxicas usadas polos clans para comunicarse e para transportar a droga.
Hai numerosas analepses, nas que se fala dos inicios no mundo do contrabando durante a posguerra.
Traducións Ao castelán por María Dolores Torres París co título de Todo es silencio publicado en 2011 por Editorial Alfaguara, Col. Punto de lecturaFicha en BiTraGa..
Ao inglés por Jonathan Dunne co título de All Is Silence publicado en 2013 por Harvill SeckerFicha en BiTraGa.. Ao francés por Serge Mestre co título de Tout est silence publicado en 2014 por Gallimard.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Narcos (novela) Fariña (libro) Todo é silencio (filme) Ligazóns externas Ficha na páxina web da editorial.
Categoría:Obras literarias de 2010 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Narcotráfico en Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Manuel Rivas