"Main Offender" é un sinxelo da banda sueca The Hives, editado o 3 de setembro do 2001 e sacado do seu segundo álbum Veni Vidi Vicious. O tema tamén aparece no recompilatorio da banda Your New Favourite Band. A canción é esencialmente unha nova versión do tema "Have Love, Will Travel" de The Sonics. Nicholaus Arson afirma que é unha das súas preferidas. O riff de guitarra ten certa semellanza co do seu anterior sinxelo "Hate To Say I Told You So".

A canción aparece tamén nun anuncio da marca de lencería Agent Provocateur, no cal aparece Kylie Minogue montando un touro mecánico en roupa interior, con "Main Offender" soando de fondo.

O tema está dispoñible como canción xogable no videoxogo musical Rock Band, e foi tocada en directo polos empregados de Harmonix Music Systems mentres presentaban o xogo na convención E3 do ano 2007.

Listaxe de cancións "Main Offender" "Lost And Found" "Howlin' Pelle Talks To The Kids"

Categoría:Sinxelos de 2001 Categoría:Cancións de The Hives