miniatura|Un carro de madeira. Un vehículo (do latín vehiculum) é calquera instrumento que serve para transportar persoas, animais ou cousas dun lugar a outro. Pode ser motorizado ou non e circular por calquera medio (terrestre, marítimo ou aéreo).
Características Os vehículos son frecuentemente medios de transporte motorizados, como automóbiles, trens e avións; Con todo, o termo tamén abrangue dispositivos non motorizados, como bicicletas, carros de bois, carrozas etc. así como os especializados para recreación, obras públicas, maquinaria agrícola e equipamento militar, que poden ter outros propósitos ademais do simple transporte de mercadorías ou seres humanos.
Historia A primeira evidencia dun vehículo de transporte data de 22.000 anos, con pegadas atopadas que demostran o uso de estruturas para facilitar o transporte de grandes cargas.
A primeira embarcación ou proto-embarcación atopada é a canoa de Pesse, de hai uns 10.000 anos. Os barcos máis vellos atopados datan de hai 7.000–9.000 anos. Hai evidencias de vehículos de rodas tirados por camelos contra o 3.000–4.000 a. C. A evidencia máis temperá dun vehículo sobre raís é un diolkos de entre 6 e 8,5 km de lonxitude. Empregábase para transportar barcos a través do estreito de Corinto, en Grecia contra o 600 a. C. No século XVI sábese da existencia en Austria dun funicular no castelo de Hohensalzburg, un sistema deseñado para facilitar o transporte de persoas e mercadorías cara á fortaleza situada no monte En agosto de 1709, o sacerdote brasileiro Bartolomeu de Gusmão fixo a primeira demostración de ascensión aérea en globo de ar quente non tripulado ante a corte do rei Xoán V de Portugal.TAUNAY, Affonso d'Escragnolle, Bartolomeu de Gusmão: inventor do aerostato: a vida e a obra do primeiro inventor americano, S. Paulo, Leia, 1942 En 1783, os irmáns Montgolfier construíron o primeiro globo aerostático e realizaron a primeira demostración pública do seu invento sendo os pasaxeiros un galo, unha ovella e un parrulo. Nese mesmo ano viaxou por primeira vez un ser humano, Jean-François Pilâtre de Rozier, pilotando un globo construído polos Montgolfier, inaugurando a era do voo aéreo. miniatura|O primeiro voo sostido e controlado de avións máis pesados que o ar realizouse o 17 de decembro de 1903 en Carolina do Norte. O primeiro tren a vapor, a locomotora de George Stephenson chamada Locomotion No. 1, entrou en servizo o 27 de setembro de 1825 en Inglaterra, marcando un fito na Revolución Industrial e o comezo da era ferroviaria.Ross, David (2004). British steam railways. Bath: Parragon. p. 15. A primeira locomotora a circular polos camiños de ferro galegos foi a Locomotora Sar. En 1903, os irmáns Wright realizaron o primeiro voo controlado e sostido dun avión propulsado a motor, marcando o nacemento da aviación moderna. En 1914, realizouse o primeiro voo comercial regular, operado por St. Petersburg-Tampa Airboat Line, cruzando a baía de Tampa, en Florida. En 1942, o V-2, deseñado por Wernher von Braun, converteuse no primeiro foguete espacial en alcanzar o espazo exterior, sendo un precursor da posterior exploración espacial.Aínda que o termo "vehículo" xeralmente implica o transporte de persoas ou mercadorías, o V-2 tamén se pode clasificar como un vehículo no sentido de que foi un medio para transportar unha carga (neste caso, explosiva) dun punto a outro a través dunha traxectoria controlada; ademais, as súas tecnoloxías foron aplicadas no desenvolvemento de vehículos espaciais posteriores. En 1957, a Unión Soviética lanzou o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial, iniciando a era espacial. miniatura|O rover Sojourner, nomeado na honra de Sojourner Truth, foi o primeiro vehículo en explorar outro planeta. En 1961, Iuri Gagarin converteuse no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior a bordo do Vostok 1. En 1981, o transbordador espacial Columbia realizou o seu primeiro voo, representando o primeiro uso dun vehículo espacial reutilizable. En 1997, a Mars Pathfinder da NASA despregou o Sojourner, sendo o primeiro rover en explorar outro planeta, rodando pola superficie de Marte.
Vehículos extraterrestres Os transbordadores e naves espaciais son tipos de vehículos extraterrestres. Axencias dedicadas á exploración aeroespacial, como a Jet Propulsion Laboratory, desenvolveron vehículos para explorar terreos doutros planetas, como o ATHLETE (acrónimo de All-Terrain Hex-Legged Extra-Terrestrial Explorer), deseñado para navegar por superficies irregulares e recoller datos científicos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Aeróstato Ascensor Automóbil Avión Barco Batiscafo Cabalo Camión Canoa Catamarán
Categoría:Vehículos