O aguaruna (awajun) é unha lingua xíbara do Perú, falada polo pobo aguaruna. O aguaruna está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Distribución xeográfica Fálase nos departamentos de San Martín, Amazonas, Cajamarca e Loreto. Orixinaria do curso alto do río Marañón, nas bacías dos ríos Potro e Cahuapanas, como consecuencia dun enfrontamento interno un grupo emigrou á zona do alto Mayo a comezos do século XX e asentouse na parte nororiental do val

Escrita e usos sociais A lingua emprégana case todos os membros da etnia, a escolarización nos primeiros graos faise en aguaruna, en 1953 organizouse o primeiro colexio bilingüe, que comezan a desenvolverse nos anos 1970s, na lingua publicáronse dicionarios, gramáticas, libros escolares e en 1973 traduciuse o Novo Testamento. O alfabeto aguaruna componse de 21 letras: a, b, ch, d, e, g, h, i, j, k, m, n, p, r, s, sh, t, ts, u, w, y.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O aguaruna no Ethnologue (Organización Aguaruna del Alto Mayo (castelán) Flora del Río Cenepa, Amazonas – Perú (bilingüe castelán-aguaruna

Categoría:Linguas xíbaras Categoría:Linguas do Perú