Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta.
Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos. Na actualidade desempeña o cargo de Director Deportivo da Selección Española de fútbol.
Traxectoria Formouse na canteira do Vélez CF e foi rexeitado polo CD Málaga. Debutou en primeira división co Valladolid o 4 de outubro de 1987, nun Real Valladolid-RCD Espanyol, e en 1989, apenas un mes logo de xogar a final da Copa do Rei contra o Real Madrid, foi fichado por este último.
No conxunto madridista foi utilizado inicialmente por adestradores como Radomir Antić no posto de mediocentro, aínda que debido á ausencia de centrais de confianza en persoal tamén desempeñou ese papel con frecuencia. O técnico Jorge Valdano situouno definitivamente como central na tempada 1994/1995. Primeiro xunto a Manolo Sanchís e posteriormente con Rafael Alkorta formou parte de dous das mellores parellas de centrais da historia branca. Tras a retirada de Sanchís en 2001, Hierro converteuse no capitán do equipo. Ao longo dos seus 14 tempadas no Madrid gañou un importante número de títulos, entre eles 5 Ligas e 3 Copas de Europa.
Tras abandonar o Real Madrid en 2003, xogou no Al-Rayyan qatarí, e na tempada 2004/05 volveu ao fútbol europeo co Bolton Wanderers inglés do seu antigo compañeiro Iván Campo. O 9 de maio de 2005 anunciou a súa retirada do fútbol profesional ao termo da liga.
Desde o verán de 2007 exerce de Director Deportivo da Real Federación Española de Fútbol.
Selección nacional Foi internacional 89 veces. Debutou o 20 de setembro de 1989, nun amigable contra Polonia, e é o terceiro goleador histórico da selección española, con 29 goles, logo de Raúl (44 goles en 102 partidos) e Villa. Tamén foi durante anos o capitán da selección.
Retirouse da súa selección despois do Mundial de Corea e o Xapón 2002 no cal foi elixido no once ideal do torneo. Disputou os mundiais de 1990 (aínda que non chegou a xogar), 1994, 1998 e 2002, e as Eurocopas de 1996 e 2000.
Tras a súa retirada como futbolista, en setembro de 2007 é nomeado director deportivo da Selección Española, cargo que depende da RFEF.
Goles en Copas do Mundo Día Lugar Opoñente Marcador Resultado Competición1 2 de xullo de 1994 Robert F. Kennedy Memorial Stadium,Washington, D.C., Estados Unidos Suíza 1–0 3–0 Mundial 19942 13 de xuño de 1998 Stade de la Beaujoire,Nantes, Francia Nixeria 1–0 2–3 Mundial 19983 24 de xuño de 1998 Stade Félix Bollaert,Lens, Francia Bulgaria 1–0 6–1 Mundial 19984 2 de xuño de 2002 Estadio Guus Hiddink,Gwangju, Corea do Sur Eslovenia 3–1 3–1 Mundial 20025 7 de xuño de 2002 Estadio Mundialista de Jeonju,Jeonju, Corea do Sur Paraguai 3–1 3–1 Mundial 2002
Palmarés Campionatos nacionais Liga de España (5): 1989–90, 1994–95, 1996–97, 2000–01, 2002–03. Copa do Rei (1): 1992–93. Supercopa de España (4): 1990, 1993, 1997, 2001.
Campionatos internacionais 3 Copas de Europa (1998, 2000, 2002) 1 Supercopa de Europa (2002) 2 Copas Intercontinentais (1998, 2002)
Distincións individuais É o 5º xogador con máis partidos no Real Madrid con 598 encontros, por detrás de Sanchís, Santillana, Raúl e Gento. Comparte o segundo posto de máximos goleadores de España nos Mundiais con Raúl González, Fernando Morientes e Emilio Butragueño, todos con 5 goles, tras David Villa con 8 tantos. Foi elixido mellor defensa da Copa de Europa en 1998. Ao longo da súa carreira anotou 108 goles coa camiseta branca, cifra sorprendente para a súa posición o campo. Logrou un Hat-Trick no Santiago Bernabeu gañando ao Real Zaragoza por 3-1 o 24 de marzo de 2002, ao día seguinte de cumprir 34 anos. Formou parte do once ideal na Copa do Mundo 2002 do Xapón e Corea.
Véxase tamén Ligazóns externas Historial de Hierro en Realmadridfans.org Ficha do xogador en BDFutbol.com Ficha en Sportec
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Vélez-Málaga Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Al-Rayyan SC Categoría:Xogadores do Bolton Wanderers FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Dirixentes de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Real Oviedo Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1990 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1994 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Directores deportivos de fútbol de España